Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela comunícalle á asociación “O Vencello” xestións que realiza

NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O PP traslada á Asociación de Veciños as xestións que veñen facendo ante a Xunta.

Barcia considera que Burela leva tres anos perdidos co bipartito.

O PP burelés, preocupado ante a falla de xestións en materia de solo empresarial.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José  María González Barcia. xunto con outros membros do partido, reuniuse no día de hoxe con directivos da Asociación de Veciños “O Vencello” para explicarlles as xestións que desde o PP local se veñen facendo coa Xunta, ante a ausencia máis absoluta de xestión por parte do bipartito local, especialmente por parte do alcalde.

Na reunión, un dos temas máis destacados foi a sanidade. Desde O Vencello pedíronlle ó PP burelés que demanden máis e millores servicios. Barcia, pola súa parte, considera que a Xunta está a cumplir coa súa palabra: nin un só servicio se desmantelou, estanse a facer as obras comprometidas, estanse adquirindo os equipos que no seu día se anunciaron, como o ecocardiógrafo, e en breve haberá melloras en certos servicios.

No tocante ás instalacións portuarias, os populares expuxeron as súas xestións, que pasan polos compromisos acadados recentemente polo Presidente de Portos de Galicia: mellora de vial de comunicación interior, desde Eijo Garay hasta ABSA; prolongación do martillo que separa a zona pesqueira da comarcal, e estudio de mellora do aproveitamento da dársena interior. Ademais, vaise potenciar a zona industrial do porto, de corenta mil metros cadrados, aproveitando que se van retomar as obras do acceso ó porto.

Nese senso, no que se refire á zona industrial do porto, Barcia fixo mención a que esa zona é a única área ordenada para acoller empresas, e vén da época do PP no concello e na Xunta. En cambio, lamentou que o bipartito, que tanto falou sobre a creación de áreas industriais, teña paradas tanto a do Perdouro coma a da Puida. Barcia afirmou que nas previsións de SUPLUSA segue habendo seis millóns de euros. “Só foron capaces a gastar quince mil euros en planos, pero nada máis. Por eso mesmo é mui preocupante a falla de xestión do alcalde nesta materia, porque el segue pensando en un grande parque empresarial, pero non di onde, nin a que prezo, nin quen o vai financiar. Mentres tanto, os demais concellos vanse buscando a vida e nós, parados”.

Por eso, desde o PP consideran que se levan tres anos absolutamente perdidos, e así o transmitiron á  Asociación veciñal: “cero proxectos, cero en xestión, e cero en traballo. E en tempos de crise, é cando máis se necesitan os proxectos e as ideas, a capacidade de xestión e cando hai que demostrar que se traballa”.

Exit mobile version