Nota de Prensa
O PP afirma que a Deputación débelle ó concello de Burela cáseque vinte millóns de pesetas de subvencións de 2009.
Os populares consideran que Burela non se merece a actuación da Deputación.
Aseguran que o bipartito burelés “cala para non molestar a Besteiro e a Bao”.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que a Deputación “bipartita e amiga” tén pendiente de pago ó concello de Burela “casi vinte millóns das antigas pesetas, correspondentes a subvencións do exercicio de 2009 e ó Plan de Obras e Servicios (POS) do mesmo ano”.
Concretamente, son dezanove millóns setecentas mil pesetas, das que dezasete millóns trescentas mil pesetas correspóndense con subvencións e a contía restante, dous millóns trescentas mil pesetas, ás obras do POS.
Por eso, os populares piden publicamente á Deputación que axilice os pagos das subvencións, porque con esta forma de actuar estase a xenerar problemas de liquidez no concello burelés.
Os populares afirman que “este retraso nos pagos da Deputación perxudica ós veciños de Burela, e demostra a falta de xestión por parte do bipartito provincial, xunto co pasotismo e deixadez dos responsables do bigoberno local”. Desde o PP, lembran que “hai un ano presentamos unha moción no concello na que se solicitaba da Deputación que axilizase os pagos; o bipartito local votou en contra, pero non descartamos volver a presentar unha iniciativa semellante para que quede patente a deixadez dos dous bipartitos, do provincial e do local”.
Para o PP, “resulta sorprendente que o bipartito burelés non faiga ningún tipo de comentario ó respecto e non tente axilizar o cobro destas subvencións; non reclaman nada para non molestar ó Sr. Besteiro e ó Sr. Bao”.
Ademais, “Burela non se merece o comportamento da Deputación bipartita: algúns camiños afectados polas inundacións quedaron en mal estado, como o das Pasadiñas ó Punto Limpo e practicamente nada se fixo nos mesmos. E seguimos agardando, seis meses despois, a que se arranxe a travesía municipal á altura do Perdouro, xa que o alcalde dixo que o faría a Deputación, ainda que a travesía é de competencia municipal”.
Finalmente, os populares piden que se axilice a realización desta obra, porque xenera problemas de seguridade a vehículos e peatóns.