Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o seu compromiso con Cervo teno demostrado suficientemente agora e no pasado

NOTA DE PRENSA

Censura que os nacionalistas pretendan facer “carnaza” dun tema tan serio como é a dificultade pola que podería estar pasando a empresa Cerámica de Sargadelos e que deliberadamente esquezan que a Deputación tamén pode involucrarse na solución
Balseiro resposta ao BNG que o seu compromiso con Cervo e os seus veciños teno demostrado suficientemente  agora e no pasado

* OFRECEMENTO: “Estiven, estou, e seguirei estando a disposición dos traballadores, empresa e administracións para todo aquelo que me poidan necesitar”- di Balseiro.

Cervo, 08 de xullo de 2010.- O concelleiro cervense e parlamentario do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro, resposta ante as críticas efectuadas polo BNG que o seu compromiso con Cervo, e con todos os seus veciños, teno demostrado suficientemente tanto no pasado, “cando tiña dedicación exclusiva aos asuntos municipais”, como tamén agora “desde as responsabilidades e postos que ocupo neste momento”. Balseiro sinala que así o coñecen e o valoran os propios veciños deste municipio que, pola contra, non teñen a mesma consideración do BNG e do único concelleiro nacionalista local, Xoán Antón Estúa “que nunca nada fixeron por Cervo, salvo prexudicalo e tirar pedras contra o seu propio tellado”

O deputado e concelleiro cervense censura que os nacionalistas  pretendan “facer carnaza” dun tema tan serio como é a dificultade pola que podería estar pasando a empresa  Cerámica de Sargadelos e sinalan como especialmente grave que o BNG en vez de achegar solucións construtivas decidan facer uso da incerteza sobre o futuro desta compañía e dalgúns dos seus postos de traballo como arma de confrontación política e crítica partidista.

CONFIRMA A POSTA A DISPOSICIÓN

Balseiro quixo insistir unha vez máis na súa posta a disposición dos traballadores, empresa e da administración porque “estou, estiven,  e seguirei estando para todo aquelo que me poidan necesitar”. Nesta liña insistiu en que ninguén ten unha barita máxica para aplicar neste tipo de casos e que polo tanto hai que respectar e apoiar ás partes nas distintas negociacións e acordos que estean a desenvolver e, de xeito especial, naqueles que teñan por obxecto salvagardar o interese empresarial e o conxunto dos postos de traballo.

A DEPUTACIÓN DESAPARECIDA

O concelleiro e deputado cervense sinala que o acordo Plenario acadado pola Corporación Municipal  de Cervo foi unánime –acordado por todas as forzas políticas- en apoio da empresa e dos seus traballadores e na petición ao conxunto das administracións públicas para que se impliquen en dar unha solución, tendo en conta as características que fan da Cerámica de Sargadelos unha empresa que transcende o ámbito empresarial para constituírse como referente da artesanía galega e parte do patrimonio cultural de Galicia.  “Neste esforzo tamén buscábamos a implicación da Deputación e do Goberno central, cuestión que o BNG interesadamente omite, porque só pretende criticar e non asumir as súas propias responsabilidades”

Exit mobile version