Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o concello de Burela pagou tarxetas para unha traballadora por importe de 208 euros

Nota de Prensa

O PP: “a retirada temporal da Bandeira Azul de Ril, mostra de que nin o alcalde, nin o bipartito, traballan”.

Os populares aseguran que o concello pagou tarxetas para unha traballadora do concello por importe de 208 euros.

Dubidan de que as obras da travesía do Perdouro se faigan en Setembro.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe que “o turno de rogos e preguntas do pleno do pasado venres demostrou, unha vez máis, a pouca dedicación do alcalde ós asuntos do día a día do concello, e o pouco interese por resolver os probemas que se van plantexando, demostrando igualmente que está instalado no retraso permanente”.

O GMPP dixo que “o alcalde de Burela non soubo explicar no pleno do pasado venres os motivos reeais polos que lle foi retirada temporalmente a Bandeira Azul á praia de Ril”. Para os populares, a retirada da Bandeira debeuse a incumplimentos do concello, como non contar con socorristas, acometida eléctrica, etc.. Parece que tales cuestións xa foran postas de manifesto o pasado ano, coa advertencia de que se non se solucionaban a Bandeira sería retirada. Pero como o bipartito non traballa, despois pasa o que pasa.

“Tampouco soubo explicar o alcalde os motivos polos que se fixo unha segunda selección de socorristas nestes días”, dando só corenta e oito horas de prazo para presentar documentación, de xeito que para dúas prazas só se presentou un aspirante, cando hai un mes houbo máis aspirantes ca prazas. Unha mostra de pasotismo e de retraso, xa que se se sabía que eran necesarios máis socorristas, se puido ter feita a selección paralelamente á primeira.

Para o PP, esto demostra que “o bipartito local é un compendio de incompetencias, como o demostra o estado xeral das praias, que nunca estiveron tan mal”.

Ademais, “os populares interesáronse no pleno por coñecer os motivos polos que se abonaron 208 euros a unha empresa de Burela en concepto de ‘tarxetas para Marta Amenedo’, contía que consideran abusiva e que vén a ser unha mostra máis de que o bipartito está instalado no despilfarro”. Segundos os populares, esta persoa traballa no concello, e polo tanto queren coñecer os motivos polos que se fixeron tarxetas para ela, algo que o alcalde non soubo explicar, a pesares de que é o alcalde quen asina o decreto de aprobación do pago, decreto que é público e está na documentación do pleno entregada polo alcalde ós grupos políticos. Ademais, semella que esta persoa está a traballar en algo vinculado co emprego, polo que demandaron do alcalde que informase as funcións que fai, e os resultados do seu traballo desde que foi contratada. “A resposta do alcalde foi decir que non sabía o das tarxetas e sobre o traballo desta persoa non contestou”.

“Se o alcalde descoñece o que asina, mal vamos. E se non informa sobre o traballo desa persoa, cabe pensar que o alcalde descoñece o que fai esta persoa no seu traballo, o que xa sería grave. Polo tanto, e ante a calada do alcalde, o PP presentará por escrito a petición do indicado informe”.

Finalmente, “o GMPP interesouse por coñecer cando será arranxada a travesía municipal á altura do Perdouro, xa que a actual situación é perigosa tanto para vehículos como para peatóns”. Os populares lembraron que esto leva así desde xaneiro. O alcalde anunciou que as obras faranse en setembro, algo sobre o que o PP tén serias dúbidas, porque en febreiro xa dixo que antes do verán estaría a obra feita e as cousas seguen coma en xaneiro. Outra mostra máis dos acostumado retrasos do alcalde.

A conclusión que se sacou do pleno do pasado venres é que nin o alcalde nin o bipartito teñen ningunha ilusión polo concello e que os nove plenos que quedan hasta as eleccións municipais serán nove demostracións de retrasos, escaso ou nulo traballo, despilfarro e ausencia de ideas e proxectos.

Exit mobile version