Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que ningún dos centros educativos nos que se implantará o proxecto Abalar é privado

Nota de Prensa

O PP contradice ó PSOE e asegura que ningún dos centros educativos nos que se implantará o proxecto Abalar é privado

Lugo, a 16 de xullo de 2010.- O Partido Popular de Lugo acusa ós socialistas lucenses de mentir sobre o número de centros educativos nos que xa no vindeiro curso se vai a implantar o proxecto Abalar. Consideran os populares que a falta de rigor nos datos aportados onte polos membros da executiva provincial do PSOE co único fin de desprestixiar a actuación da Consellería de Educación invalida xa  calquera das súas consideracións a este respecto.

Puntualizan, de feito, que son 48 os centros educativos de toda a provincia que o vindeiro curso se beneficiarán do desenvolvemento da primeira fase do proxecto Abalar, encamiñado a fomentar o uso de ferramentas informáticas na aula e que permitirá, entre outras cousas, que os alumnos de 89 aulas de quinto curso de primaria e primeiro curso de ESO dispoñan dun ordenador portátil.

Así, os populares, facendose eco dos datos aportados no seu día pola Xunta de Galicia na presentación desta iniciativa, suliñan que deses 48 centros, 40 son públicos e 8 concertados.

Serán, por tanto, un total de 1.872 alumnos de colexios e institutos de toda a provincia, ningún deles privado, segundo salientan dende o PPdeLugo, os que se beneficiarán deste proxecto, que suporá un investimento de máis de 1,4 millóns de euros, que se adicará tanto a formación do profesorado como a adquisición do equipamento informatático preciso para elo.

Os populares lamentan que os socialistas, unha vez máis, recurran á mentira para tentar erosionar o bo traballo desenvolvido pola Consellería de Educación na provincia de Lugo, encamiñado sempre a mellorar a calidade do ensino público.

Recoméndanlle, por tanto, que sexan rigurosos sobre os datos que empregan á hora de exercer a súa lexítima actuación como oposición porque, facer o contrario, invalida de raiz as súas críticas e pon en dúbida a súa credibilidade tanto no ámbito de debate político como ante a propia cidadanía. Entenden os populares que este proceder deixa quedar en moi mal lugar ós dirixentes socialistas lucenses xa que é notorio o total descoñecemento que teñen sobre a situación real dos centros educativos e mesmo da xestión que está a desenvolver a consellería.

Exit mobile version