Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que hai sitios onde poñer marquesiñas en Burela

Nota de Prensa

Luis Pedre: “o concello non lle pideu á Deputación nin unha soa marquesiña”.

O concelleiro popular afirma que hai sitios onde poñelas.

Pedre considera que esta é unha nova demostración do pouco traballo do alcalde.

O concelleiro popular Luis Miguel Pedre manifestou hoxe que “o bipartito burelés non lle pideu nin unha soa marquesiña á Deputación Provincial de Lugo”.

Pedre indica que “a Deputación enviou un escrito ó Concello no que se indicaba a posibilidade de solicitar marquesiñas, con preferencia para a rede viaria provincial, pero abrindo a posibilidade á rede urbana municipal”. No escrito, “no que se solicitaba prudencia á hora de pedir, tamén se fixaba como data limite para efectuar a solicitude o 19 do pasado mes de Xullo”.

Pois ben, Luis Pedre afirma “que o alcalde o que fixo foi ser extremadamente prudente, porque  nin consta petición no rexistro do Concello nin consta petición na Deputación”. Desde o PP, continúa Pedre, “entendemos que se podía colocar unha no cemiteiro municipal, e outra á altura da Marosa, porque son zonas nas que hai espacio, con certa afluencia de xente, e as estradas son propiedade da Deputación. E de non optar por esa solución, hai lugares abundantes na malla urbana de Burela para colocalas, mesmo substituindo a algunha das existentes que están mui deterioradas”.

Para o concelleiro popular, “esto é unha nova demostración do pouco traballo do alcalde, porque as subvencións, ainda que sexan escasas, hai que aproveitalas. Pero pouco ou nada se pode esperar de quen non ten ningún interese en solucionar problemas e traballar polo día a día”.

Exit mobile version