Site icon Crónica3.com A Mariña

O novo proxecto de acceso ao porto de Burela contempla desviar a vía do tren e construír unha ponte

BURELA (FNC) .-  O alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitou esta mañá xunto a técnicos da empresa COMSA as obras de acceso ao porto nas que se produciu un cambio de proxecto para achegar mais hacia o pobo a vía do tren, será nuns 25 metros. O rexedor lembrou que “esta actuación veu motivada porque o suelo no que se estaba a traballar inicialmente non era estable e podía implicar riscos. Estivemos vendo tamén as afectacións que podería ter sobre o Concello toda esta actuación”.

Llano engadiu que “alí farase un ripado duns 400 metros e logo tamén un desvío da vía. Haberá unha ponte pola que pasará o tren e por debaixo discorrerá o acceso ao porto. En total serán 900 metros de vía os afectados por esta actuación”. O alcalde engadiu que “mentras se fai a ponte hai que facer un desvío da vía duns 500 metros, eso permitirá que se siga a traballar tranquilamente nas obras de acceso ao porto”.

Exit mobile version