CERVO .- O edil de obras do concello de Cervo, José Manuel Baleiro Orol, arremete contra o PSOE que desvelou carencias no Porto de Arriba, en San Cibrao; fai referencia a unha longa lista de actuacións e afirma que o concello proxecta melloras.
NOTA DE PRENSA
Balseiro lémbralles aos socialistas que o verdadeiro abandono deste barrio o ten protagonizado o PSOE antes do ano 99, data na que tivo lugar o acceso á responsabilidade de goberno do Partido Popular “e cambiaron as cousas”
BALSEIRO RESPOSTA AO PSOE RECORDANDO UNHA MULTITUDE DE ACTUACIÓNS E INVESTIMENTOS PROMOVIDOS E XESTIONADOS POLO CONCELLO NO PORTO DE ARRIBA
· A construción de beirarrúas no istmo, a dotación de alumeado público, a creación dos paseos marítimos, a pavimentación do entorno e pintado das vivendas da urbanización Atalaia, as melloras nos servizos e dotacións portuarias –incluída a ampliación do peirao-, a recuperación do entorno da capela, a creación dos accesos ás praias, o acondicionamento da zona do Faro, son algunhas actuacións subliñadas por Balseiro.
· O edil popular empraza ao PSOE a que en vez de dedicarse a criticar, desde a Deputación, como se fai noutros concellos, se asuma o arranxo da rede de abastecemento e saneamento deste barrio, porque “o ente provincial non ten investido nin un so euro no pobo de San Ciprián”.
· Balseiro tamén desvela que o Concello tiña negociado con Costas a pavimentación con adoquin e mellora de servizos nas rúas do Porto de Arriba, proxecto paralizado polo PSOE e que o PP recuperará cando volva a acceder á responsabilidade de Goberno en Madrid.
Cervo, 21 de xullo de 2010.- O tenente de alcalde e edil delegado de Obras do Concello de Cervo, Jose Manuel Baleiro Orol, vén de saír ao paso das críticas efectuadas polo Grupo Municipal Socialista lembrándolles que a verdadeira situación de abandono do barrio do Porto de Arriba en San Ciprián, foi a que precisamente protagonizou o PSOE antes do ano 1999, data a partir da cal o Partido Popular accedeu á responsabilidade de goberno municipal “e tivo a oportunidade da cambiar as cousas”.
Aos socialistas Balseiro lémbralles tamén que desde que o PP xestiona o Concello de Cervo impulsou importantísimas obras neste espazo “para sacarlle da situación de esquecemento na que o PSOE mantiña ao Porto de Arriba e para cumprir con reivindicacións históricas dos seus veciños”.
LONGA LISTA DE ACTUACIÓNS
Nunha longa exposición de actuacións desenvolvidas desde entón, Balseiro subliña a construción das beirarrúas en ambas marxes do istmo “que ata o momento estaba en area e pasar por alí implicaba certo perigo, sobre todo en días de climatoloxía adversa”. Tamén lembrou que foi o PP quen creou os novos accesos ás praias, restaurou, dotou de alumeado e de xardín o contorno da capela do Porto, recuperando incluso a súa visibilidade tras liberala das chavolas que a ocultaban.
Prosigue a relación de actuacións co acondicionamento do contorno do Faro e da urbanización Atalaia, onde se pavimentou o contorno e se lle dotou de alumeado público “ata entón existían 4 ou 5 puntos de luz exclusivamente en todo o barrio”, o Goberno municipal popular tamén xestinou ante o IGVS o pintado dos pisos da urbanización de vivendas sociais
Tamén o Concello ampliou os servizos do porto, pavimentando a explanada, reorganizando as casetas, construíndo unha rampla para facilitar a subida e baixada das embarcacións, promoveu a ampliación do peirao. Tamén se construíu e puxo en funcionamento o edificio de servizos da praia de Cubelas, construíu un novo paseo marítimo en todo este entorno, dotado tamén de alumeado público, xestionou ante Portos de Galicia a dotación e acondicionamento dun local para o Clube Náutico, así como a construción dunha marquesina para o Porto, “unha vella petición dos veciños”.
Balseiro tamén lembrou que durante todos estes anos puxeron escaleiras no porto, novas defensas no peirao e novos puntos de alumeado público, e habilitou mesas, bancos ao merendeiro, así como dun parque de xogos a área recreativa da Atalaia… ademais de situar neste espazo o Punto de Atención Infantil… en resume “unha serie de actuacións de mellora cuxo esquecemento por parte do PSOE denotan un gran descoñecemento, non só do que se leva feito, senón tamén da propia xestión municipal. Parece como si a nota do PSOE a elaborara unha persoa que leva anos sen vivir na zona, e descoñece o cambio substancial que nela se produciu”
O CONCELLO PROXECTA NOVAS MELLORAS
Balseiro en todo caso, adiantou que o Goberno municipal non se conforma con estas actuacións e está a proxectar novas melloras a desenvolver no Porto de Arriba “traballaremos para cambiar o abastecemento, evitando así as consecuencias das avarías na rede, así como tamén outras actuacións para seguir mellorando os servizos deste barrio”. En todo caso, insiste Balseiro “non é posible falar de abandono cando se teñen impulsado todas estes investimentos, salvo que se queira empregar a demagoxia ou se pretenda enganar aos veciños”.
EMPRAZA AO PSOE A ACTUAR E NON CRITICAR
“O PSOE faría moito máis por estes veciños se en vez de limitarse a criticar ten a valentía de adiantar que a Deputación provincial de Lugo, que é a súa responsabilidade, asumen por exemplo a mellora no saneamento e abastecemento desta área, tal e como está a executar noutros concellos” –afirma finalmente Balseiro-. “Porque o que está claro é que o PSOE desde a Deputación en todos estes anos nada ten feito por San Ciprián, nada trouxeron a este pobo, e nada teñen no seu haber”. Fronte as críticas “nos podemos falar de actuacións concretas, eles tan só, poden limitarse a criticar por criticar, sen achegar ningunha solución real”. Balseiro dirixe unha pregunta directa ao PSOE: “¿Si vostedes eran coñecedores destas carencias porque non incluíron o abastecemento e saneamento deste barrio entre as actuacións a desenvolver polo plan de obras comunitarias que desde a Deputación veñen de facer público nos últimos días?. Esta claro, criticar por criticar.”
Balseiro tamén desvelou que o Concello tiña negociado en 2003 coa Dirección Xeral de Costas a pavimentación con adoquín e a mellora de servizos (rede de saneamento e abastecemento) nas rúas do Porto de Arriba. O devandito proxecto foi paralizado polo PSOE no 2004, cando accedeu ao Goberno central, mostra evidente de que non lles interesaba. O edil popular adianta que esta actuación se recuperará cando o PP volva a acceder á responsabilidade de Goberno en Madrid.