BURELA (FNC) .- Hoxe deu comezo en Burela o curso de surf A túa primeira onda, que organiza a Concellaría de Mar. En total son 84 os alumnos participantes. Segundo explica Remedios López Villar, “as primeiras clases desenvolvéronse con normalidade na praia urbana. Comezaron ás 10 da mañá as do primeiro grupo que estaba formado por nenos de 7, 8 e 9 anos, ás 11:30 horas tivemos o segundo grupo composto por nenos con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos e á unha da tarde foi o turno para os máis grande”. A concelleira de Mar dixo que “hoxe foi unha toma de contacto na que lles explicaron o manexo da tabla, os riscos e os consellos para a práctica deste deporte e durante a semana vánlles ensinar a poñerse de pé enriba da tabla e a coller as ondas”.
Este curso ten unha duración dunha semana. A edil socialita agarda que “o tempo nos acompañe para que os nenos poidan disfrutar do mar practicando este deporte baixo a atenta mirada dos monitores federados da empresa Hola!Ola”.