O VALADOURO .- O curro de Santo-Tome no concello de O Valadouro acolle a última rapa das bestas da temporada na comarca, será o día 1 de agosto. Pola mañá marcaranse e cortaránselles as críns ademais da pelea dos garañóns; pola tarde , será o momento para a carreira de cabalos
REFERENCIA
O domingo día 1 de agosto do 2010 no curro de Santo-Tome no O Valadouro, terá lugar a tradicional rapa das bestas. Durante a mañá marcaranse e cortaránselles as críns ademáis da pelea dos garañóns.
Pola tarde , será o momento para a carreira de cabalos cruzados, do país, a carreira de burros, o tiro á corda (grandes e pequenos), a subida ó xamón e o sorteo de 300€.
CURRO DAS BESTAS
SANTO-TOMÉ (O VALADOURO)
Ás primeiras horas da mañá, baixada dos cabalos para o curro.
Entrando no recinto sobre ás 11:00 horas, así mesmo tamén será
baixado o gando vacún.
A continuación procederase á marcaxe e corte de crins dos cabalos.
A última hora da mañá, será para a pelea de garañóns.
Dende as 12:00 horas da mañá ata as 16:00 horas da tarde, será o
prazo para apuntarse para as carreiras, o tiro á corda e a subida ó
xamón.
Durante a mañá haberá feira tanto de gando cabalar como vacún.
Concursos a partir das 18:00 horas, cos seguintes premios:
CABALOS DO PAÍS CABALOS CRUZADOS CARREIRA DE BURROS
1º. 90€ máis trofeo. 1º. 90€ máis trofeo. 1º. 50€.
2º. 60€ máis trofeo. 2º. 60€ máis trofeo. 2º. Trofeo.
3º. 30€ máis trofeo. 3º. 30€ máis trofeo.
Para participar en calquera das tres modalidades, é obrigatorio presentar
ante a asociación unha poliza de seguro para dita actividade.
TIRO Á CORDA
Categoría adultos(máis de 12 anos)
– Os gañadores serán premiados con 50€.
Categoría infantil(menores de 12 anos)
– Todos os participantes recibirán un agasallo.
A continuación a tradicional subida ó xamón.
Sorteo de 300€ no curro ata que apareza o número.
Para rematar, entrega de premios.
ANÍMENSE A DISFRUTAR DUN DÍA DIVERTIDO E ENTRETENIDO NO
CURRO DE SANTO-TOMÉ DE O VALADOURO (LUGO).