Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro de Infraestruturas visitou en Xove a obra da VAP Costa Norte que rematará despois do 2015

XOVE .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou a alcades en Xove “a folla de ruta do actual Goberno” para denominada vía de altas prestacións (VAP) Costa Norte, cuio remate ronda o ano 2020. A obra está dividida en 10 treitos dos que so dous estan en obra e contempla que os dous últimos treitos se liciten no ano 2015. De este proxecto, de 85,17 quilomteros, atopanse en execución 17,91 quilómetros; un tramo de Ortigueira a Espasante, de 9,9 quilometros, iniciado polo anterior goberno galego, e o tramo de O Castelo a Celeiro, de 8,01 quilómetros, que comezou o gabinete de Agustín Hernández.

Nota de Prensa

Hernández lembra que a Xunta está a cumprir con prazos rigorosos a execución da VAP da Costa Norte, que a finais de ano estará en obras ou expropiacións nun 40% do seu trazado

* O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas subliña que o seu departamento tivo que reprogramar esta actuación, en función da situación na que a deixou o Goberno anterior
* Hernández explica que na actualidade o 30 por cento do itinerario desta obra se atopa en obra ou expropiación, despois de que o Consello da Xunta da semana pasada aprobara o decreto de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo tramo San Sadurniño-Campo do Hospital
* Recorda o compromiso do Goberno galego que o 67% da VAP da Costa Norte estará en servizo ou en obras no ano 2013, porcentaxe que se elevará ao 80% en 2014
* O titular de Infraestruturas da Xunta de Galicia visitou as obras do treito Celeiro– San Cibrao, situado na VAP da Costa Norte, cuxo importe de ascende a 54,3 millóns de euros e nos que ao longo deste ano se investirán case 7 millóns de euros


Santiago, 6 de xullo de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, salientou esta maña en Xove que a Xunta de Galicia está a cumprir con prazos reais, rigorosos e realizables o cronograma das obras da Vía de Altas Prestacións da Costa Norte. Ante os alcaldes dos concellos polos que atravesa este novo vial, o conselleiro explicou “a folla de ruta” do actual Goberno en relación con esta infraestrutura, xa que a súa planificación tivo que reformularse en función da tramitación desta vía de alta capacidade deixada polo anterior Goberno.

Agustín Hernández, que tamén visitou esta mañá ás obras do treito Celeiro-San Cibrao da VAC da Costa Norte, mantivo unha reunión de traballo cos alcaldes tal e como se comprometera a finais do pasado ano, ao afirmar que cada seis meses celebraríase unha reunión para analizar e dar conta da situación actual e do avance da infraestrutura.

Recordou que a Xunta reservou para o ano 2010 un orzamento de 17,5 millóns de euros para a construción desta obra, que implicará un volume de traballo –directo e indirecto de case 500 persoas, polo que ofrecerá unha saída laboral ás case 900 persoas dos sector da construción, que se atopan en situación de desemprego nos concellos beneficiados directamente da VAP do Norte, segundo os datos relativos ao mes de xuño feitos públicos a semana pasada.

Hernández destacou o esforzo realizado polo equipo que dirixe xa que da totalidade do trazado un total de 24,65 quilómetros atopase na actualidade fase de obra ou expropiación, o que en termos porcentuais representa case o 30 por cento, o que implica un pulo importante ás obras, sobre todo despois de que o Consello aprobara o decreto polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo tramo San Sadurniño-Campo do Hospital. Ao remate de ano esta porcentaxe elevarase ata o 42 por cento.

VAP da Costa Norte
A Vía de Altas Prestacións da Costa Norte une San Sadurniño con San Cibrao e o importe ao que se eleva a materialización deste vial é de 460 millóns de euros. Para levalo a cabo segmentouse o seu trazado en 10 treitos que implican a construción de 85,17 quilómetros de vía de altas prestacións. O conselleiro explicou aos alcaldes a cronoloxía e fase na que se atopan cada un dos tramos:

Resumo de situación de cada treito da VAP da Costa Norte

TRAMO KM 2010 2011 2012 2013 2014 2015

AG-64 (San Sadurniño) – Campo do Hospital

19,62

Treito I

(8 km)

Inicio expropiación Execución Execución Posta en servizo

Treito II

(11,62 km)

Inicio expropiación e licitación Execución En execución Posta en servizo

Campo do Hospital – AC-101

7,85 Inicio expropiación Execución Posta en servizo

Variante de Ortigueira (Conexión AC101 – Espasante)

9,9 Execución Posta en servizo

Espasante – Os Ramos

6,19 Inicio expropiación Licitación

Os Ramos – Covas

12,5 Inicio expropiación Licitación

Covas – Viveiro sur

9,9 Inicio expropiación En execución Posta en servizo

Viveiro sur – Celeiro

11,2 Inicio expropiación Execución Execución Execución Posta en servizo

Celeiro – San Cibrao

8,01 Execución Execución Posta en servizo
Total actuación 85,17

Recordou que a semana pasada o Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo tramo San Sadurniño-Campo do Hospital, no subtreito San Sadurniño-Sanguiñeira. As obras deste treito iniciaranse no primeiro semestre de 2011.

Cúmprese así o compromiso de ter iniciado o proceso expropiatorio dos primeiros 7 quilómetros do tramo San Sadurniño-Campo do Hospital (1ª fase), asumido na primeira reunión cos alcaldes celebrada en decembro en Ortigueira. Dentro deste ano tamén se iniciará o proceso expropiatorio do tramo Viveiro Sur-Celeiro, polo que en 2010 estará en obras ou en expropiacións 37,11 quilómetros, é dicir, o 43,57% da VAC.

Tramo Celeiro – San Cibrao

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou as obras do treito Celeiro– San Cibrao, situado na VAP da Costa Norte. O orzamento total desta actuación ascende a 54,3 millóns de euros. O investimento previsto para este ano é de 6,7 millóns de euros.

Ao remate das obras, este treito terá unha lonxitude de 8,3 quilómetros e unha anchura de plataforma de 12 metros. Esta estrutura viaria contará con tres carrís cunha lonxitude total de 5,7 quilómetros e beiravías exteriores de 2,5 metros.

As unidades principais desta obra consisten en movementos de terras, construción de firmes e cunetas remontables polos vehículos, balizamento co captafaros e fitos de aresta, así como resaltos sonoros nas marcas viarias delimitadoras da calzada. Estableceranse sistemas de contención de vehículos como barreiras metálicas simples e dobres, e barreiras de protección de motociclistas. Contará tamén con medidas correctoras de impacto ambiental e 14.575 metros de camiños de servizo.

Os labores desta actuación tamén implican a construción de tres enlaces coa estrada Ferrol-San Cibrao (LU-862), o enlace de Celeiro, o de Xove e o de San Cibrao, así como catro pasos superiores e tres inferiores. Ademais, a estrutura incluíra cinco viadutos en Xuaces, Guilán, Pedralvas, Coto e Rigueira, que suporán un total de 825 metros, un 10% de todo o treito.

Exit mobile version