Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo cedeulle a Cruz Vermella unha furgoneta con elevador para minusválidos

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo ven de cederlle unha furgoneta á Cruz Vermella. O alcalde, Fernando Suárez, facíalle entrega do vehículo este mediodía ao presidente da institución en Lugo, Luis Abelleira.

O rexedor contou que “dentro do marco de colaboración que está a levar o goberno municipal con todas aquelas persoas e institucións sen ánimo de lucro e defensa de intereses colectivos estamos hoxe asinando un convenio entre o Concello e a Cruz Vermella de Lugo, dado que o Concello de Ribadeo ten un vehículo con moi pouco uso e que no seu momento estaba adscrito ao centro de día. Trátase dunha furgoneta cun elevador para persoas minusválidas que desde que o centro de día A Concordia foi cedido á Xunta xa non presta ningún tipo de servizo”.

Suárez Barcia engadiu que “hai unha certa inquedanza entre voluntarios de Cruz Vermella que se queren volver constituir en Ribadeo, queren poñer a andar de novo á Cruz Vermella e qué mellor que cederlles esta furgoneta que está fantásticamente conservada, con moi poucos kilómetros e nunha situación envidiable para facer actividades propias da Cruz Vermella e para, en todo caso, seguir tendo unha colaboracióne estreita co Concello de Ribadeo”. O alcalde ribadense suliñou que “xa que a Cruz Vermella dispón dun local e que está a ter un número de voluntarios que queren axudar tamén, desde o Concello queremos poñer o noso grao de area con esta cesión para que poida seguir traballando e dotando a Ribadeo dun servizo auxiliar moi importante que en determinados momentos críticos pode ser fundamental, polo que de mil amores lles cedemos este vehículo para o seu mellor aproveitamento de cara ao interese público”.

Exit mobile version