Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo informa de axudas da consellería de Economía dentro do Plan Re-Comercia

CERVO .- O Concello de Cervo, a través da súa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, informa da liña de axudas postas en marcha recentemente pola Consellería de Economía dentro do denominado Plan Re-Comercia.

Nota de Prensa

O CONCELLO ASESORARÁ AOS COMERCIANTES QUE QUEIRAN OPTAR ÁS AXUDAS AUTONÓMICAS PARA O FOMENTO DA CREACIÓN E MELLORA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DO MUNICIPIO

Cervo, 5 de xullo de 2010.-  O Concello de Cervo, a través da súa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, esta remitindo unha carta informativa a tódolos comerciantes do municipio para informalos da liña de axudas postas en marcha recentemente pola Consellería de Economía dentro do denominado Plan Re-Comercia.

Este plan vai encamiñado a mellorar a competitividade do comercio galego, así como a súa imaxe. A Xunta fixa tres tipos de subvencións. Para reformar ou ampliar un local até un máximo de 300 metros cadrados e para instalar equipamentos de aforro de enerxía e auga cun tope de 20.000 euros; para mellorar a imaxe do local con escaparatismo, rótulos e letreiros até un máximo de 12.000; ou ben para abrir sucursais de cadeas e locais de téxtil, comercio e xoiaría, para o que se fixa unha subvención máxima de 20.000 euros.

Estas axudas concédense en función do gasto previsto polos beneficiarios, pero en todo caso oscilan entre un máximo do 50 e o 70% do investimento previsto e o prazo para formalizar as solicitudes remata o vindeiro 23 de xullo.

Segundo indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o obxectivo do Concello e  “achegar toda a información necesaria aos comerciantes retallistas do municipio para que poidan acceder a esta liña de subvencións”, e para iso, a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local “proporcionará asesoramento individualizado e axeitado as circunstancias persoais dos interesados”.  Os comerciantes tamén poderán realizar consultas a través do teléfono do Concello (982-557-777).

Villares sinalou que “nestes tempos de dificultades económicas” dende o Concello teñen coma prioridade proporcionar a maior información e apoio posible aos comerciantes locais “para que poidan optar a todas as axudas públicas posibles que mellor se axeiten ás súas circunstancias”.

Exit mobile version