Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo asume a limpeza de cunetas dos viais da Deputación

CERVO .- O concello de Cervo realiza a limpeza das cunetas dos viais da Deputación diante da pasividade do organismo provincial, aseguran. Unha vez finalicen as labores, o concello remitiralle ao ente provincial os gastos ocasionados por estes traballos.

Nota de Prensa

O CONCELLO REALIZA A LIMPEZA DAS CUNETAS DOS VIAIS DA DEPUTACIÓN DIANTE DA PASIVIDADE DO ORGANISMO PROVINCIAL

*  A actuación consiste na roza e limpeza das cunetas, ademais da retirada de pedras e terra para deixar libre de entullos as tajeas da estrada

* Unha vez finalicen as labores, o Concello remitiralle ao ente provincial os gastos ocasionados por estes traballos

Cervo, 16 de xullo de 2010.-  Tal e como anunciara o Concello de Cervo, dende principios desta semana varios operarios municipais están a realizar tarefas de roza e desentullo das cunetas nas estradas de titularidade provincial.

Segundo lembrou a edil de Medio Ambiente, Pilar Armada, a decisión do Goberno local de acometer estes traballos ven derivada pola “pasividade e pasotísmo” da Deputación provincial á hora de realizar as labores de mantemento dos seus viais no término municipal. “Como xa anunciaramos, os traballos comezaron pola estrada provincial LU-1501, que une Río Cobo con San Cibrao, e o que se está a facer son tarefas de roza e limpeza das cunetas, ademais da retirada de pedras e terra para deixar libre de entullos as taxeas da estrada”.

Armada indicou que os traballos continuarán por outras estradas de ámbito provincial “namentres seguimos esperando a que a Deputación se digne a asumir as súas responsabilidades” e recalcou que unha vez finalicen as labores, o Concello remitiralle ao ente provincial os gastos ocasionados por estes traballos.

Para a edil cervense, o comportamento “sospeitosamente laxo” dos responsables provinciais á hora de levar adiante algúns dos seus procesos administrativos sempre vai en detrimento dos mesmos concellos. “Non nos parece lóxico que para levar adiante tarefas en determinados concellos os responsables políticos da Deputación sexan exquisitos e dilixentes ao cen por cen, mentres que para outros concellos coma o noso, esa dilixencia se converta en pasividade e laxitude ao máis puro estilo «vuelva usted mañana» de Larra. De aí que teñamos que ser nós os que teñamos que vernos na obriga de asumir estas labores”.

Exit mobile version