Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela sinaliza e avisa de que non é potable a auga da fonte de Vila do Medio e a de Santoalla

O Concello de Burela infroma que non é potable a auga das fontes de Vila do Medio e de Santoalla. O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “as analíticas realizadas estes días confirman que a auga non é potable nestas dúas fontes, imaxinamos que como consecuencia do temporal de chuvia que nos afectou en xuño e que segue arrastrando residuos por esas concas”. O Concello realizará novas analíticas en breve para confirmar o estado da auga. O resto das fontes de Burela, segundo o rexedor, “non presentan problemas”.

Exit mobile version