Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela poñerá un caudalímetro nos depósitos de auga para controlar o abastecemento

BURELA (FNC) .- Mañá mércores reúnense a comisión executiva e o consello asesor do consorcio do abastecemento de auga a Cervo e a Burela. O primeiro encontro será ás 10:30 e o segundo ás 11 da mañá.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, explica que “a reunión da comisión executiva xa a tiñamos prevista desde hai tempo, pero por diversas circunstancias foise retrasando e terémola mañá. A nosa preocupación está en ir buscando xa unha fórmula de xestión do abastecemento de auga a través do consorcio e procurar que todo estea listo para comezar a funcionar o antes posible. Neste encontro trataremos as liquidacións dos orzamentos de 2006, 2007, 2008 e 2009, a revisión do proxecto de presupostos para este 2010 e rogos e preguntas”. O rexedor considera que “o das contas é algo que urxe para ir clarificando todas as cuestións de cara á xestión que asumirá o consorcio en poucos meses”.

Llano engade que “no consello rector abordaremos tamén todo o relativo aos orzamentos e analizaremos como van as obras. Había unha parte pendente que é un soterramento de tuberías que comunican a Etap de A Senra co encoro de Riocobo. En canto estea listo este treito poderemos decir que a obra do abastecemento está totalmente rematada”.

O Concello de Burela plantexará nas xuntanzas de mañá varias cuestións, segundo anunciou o alcalde, “nós plantexaremos a colocación dun contador á entrada dos nosos depósitos para medir con certeza todo o gasto que se ven facendo en Burela e tamén que se poña en marcha o antes posible unha xerencia para formalizar todo o necesario de cara á posta en marcha do abastecemento aos dous Concellos o antes posible. Este proxecto é moi importante para todos”.

Exit mobile version