BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitou as obras do campo de herba artificial da Marosa. O Concello dotarao de auga e de corrente trifásica para mover unha bomba de rego.
O rexedor sinalou esta mañá que “o Concello complementará unha serie de servizos como a colocación de corrente trifásica para mover unha bomba de rego no campo, tamén o dotaremos de auga corrente e realizaremos o asfaltado da rampa de baixada a esas instalacións. A dotación que o Concello aporta a esta obra é de 90.000 euros e imos complementala con estes servizos que son moi necesarios. Unha vez que estean rematados estes traballos o campo de herba artificial estará listo para poder ser utilizado”.
“tamén imos colocar no campo municipal herba natural que xa foi solicitada, será nas porterías e nas zonas nas que existe máis necesidade, de tal xeito que quede listo para o inicio da liga no mes de setembro ou incluso para os adestramentos. Estáse a limpar, xa se dotou regos asfálticos e atópase en perfectas condicións. Entre este campo e o de herba artificial temos en Burela unhas dotacións extraordinarias para a práctica do fútbol”.