Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Información á Muller de Ribadeo edita un blog no que publica temas variados

RRIBADEO (FNC) .-  O Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo xa conta con blogue na rede. Denomínase ribadeomuller.wordpress.com e nel as mulleres poderán atopar toda a información do seu interés e ademáis ofrécelles a posibilidade de deixar os seus comentarios.

A concelleira da Muller explicou que “se trata dunha maneira máis de difundir a actividade que se está facendo desde o Centro de Informacion á Muller no ámbito da muller e da igualdade. Parécenos que as novas tecnoloxías son algo que forman parte do noso mundo, da nosa cultura e que é un bo medio utilizar a rede para difundir a actividade que se esta facendo tanto desde a propia institución municipal, neste caso desde o CIM e desde a propia Concellaría, como desde outros ámbitos, chámese Secretaria Xeral de Igualdade ou Ministerio de Igualdade, é dicir todas aquelas entidades que traballan a prol de conquerir a igualdade e o traballo coas mulleres”.

Mariluz Álvarez Lastra sinalou que “a parte de difundir a nosa actividade municipal e do consello municipal da muller trátase tamén de colgar nel cousas para que a xente teña toda a información daquelas actividades e iniciativas que se realizan desde outros ámbitos, como asociacións ou entidades, e que nós podamos facer a sua difusión. O noso obxectivo vai ser en primeiro lugar utilizar esta plataforma para que seña de fácil acceso para todas as mulleres e a cidadanía en xeral e despois temos outro reto: a partir do mes de setembro tratar de fomentar a alfabetización dixital das mulleres do noso concello e tamén de toda a cidadania, para que podan acceder a ela. É dicir, que sexa unha ferramenta útil e áxil e ao mesmo tempo que nós sexamos capaces de formar ás mulleres para que poidan utilizala da mellor maneira”.

Os promotores do blogue foron a directora do CIM, Luisa González, e Suso López. Éste explicou que “contará con varios apartados: noticias e comentarios, campañas e recursos, teléfonos de contacto, buscador e ligazóns”. López dixo que “nas ligazóns inclúense páxinas institucionais como a do Concello de Ribadeo, a da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, a do Ministerio de Igualdade do goberno do estado ou dalgunha campaña puntual relacionadas coa procura da igualdade efectiva entre mulleres e homes. A maiores tamen hai traballos de institucións ou de outros organismos que non están tan achegados a Ribadeo física ou xeográficamente, pero si nas intencións. Por exemplo aí podedes atopar a unha plataforma de mulleres artistas que traballan na loita contra a violencia de xénero, unha paxina dun observatorio catalán que está traballando en temas relacionados coa cobertura da información en situacions de conflicto e aparecen tamen algunhas campañas que se puxeron en marcha en Latinoamérica e que poden ser cousas de interese tamén para Ribadeo”.

Suso López engadiu que “hai algo tamén moi importatne, que un blogue permítenos que nos vexan noutros lugares e que outros lugares aprendan de Ribadeo e que nós tamén poidamos aprender do que se fai noutros lugares a través dos comentarios. É singular, por exemplo, que ao segundo dia de estar aberto o blogue nun período de probas, o Concello de Cambre, o seu CIM, xa linkou a sua páxina ao noso blogue e estiveron descargando material, comentaron algunha cuestión que lles parecía moi ben e outras que nos suxerían para mellorar. E ese e o espíritu co que traballa o blogue Ribadeo muller.

Exit mobile version