O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fixo unha valorou positivamente o servizo de bus praia que funciona desde a pasada fin de semana. Suárez Barcia dixo que “aínda que está en período de difusión e de publicidade está a ter unha boa acollida entre a xente. Imos repartir nos vindeiros días unha nova remesa de folletos informativos que se atoparán nos puntos de información turística e tamén nos establecementos hostaleiros”. O rexedor agarda que “continúe a medrar esta demanda incipiente, e convido a todos aqueles que non teñen medios de locomoción para ir ás praias a que o utilicen”.