Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presentou unha proposición ao goberno do Estado para que se amplíen as escavacións do Castro da Atalaia

Nota de Prensa

JORQUERA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN PARA QUE O GOBERNO REALICE UN PROXECTO DE AMPLIACIÓN DAS EXCAVACIÓNS DO CASTRO DE PUNTA ATALAIA (CERVO)

O deputado do BNG explica ao Goberno o Informe da Xunta que recomenda a conservación do Castro e ampliar a intervención arqueolóxica a terreos de dominio público marítimo terrestre

Madrid, 28 Xullo 2010. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara na que insta ao Goberno a realizar, en colaboración co concello de Cervo, un proxecto de ampliación das excavacións do Castro galaico-romano de Punta Atalaia (Cervo) até terreos de dominio marítimo terrestre.

Nas súas iniciativas parlamantares, o deputado nacionalista explica que nos dous solares situados en Atalaia no concello de Cervo, estaba prevista a construción dun edificio de 32 vivendas e outro de 26. Pero as excavacións realizadas con motivo das obras sacaron á luz un importante xacimento galaico-romano que foi trasladado á Xunta para que realizase un informe avaliativo.

Un asentamento de grande importanza

Jorquera sinala ao Goberno que a Xunta conclúe que se debe conservar in situ os vestixios arqueolóxicos, e considerou que “o proxecto arquitectónico é incompatíbel coa conservación do Castro”. Ademáis, o informe de Patrimonio Histórico pón de manifesto a importanza deste xacimento e recomenda ampliar a intervención arqueolóxica a terreos de titularidade pública, de dominio público marítimo terrestre.

O parlamentar nacionalista subliña que “este Castro forma parte da história da zona e de Galiza, e é tamén, un importante recurso cultural, arqueolóxico e turístico que merece ser recuperado e posto en valor”.

Razón pola que o deputado do BNG empraza ao Executivo a elaborar un proxecto de ampliación e razón pola que dirixe unha serie de preguntas ao Ministerio de Medio Ambiente para coñecer o dispór do Goberno a colaborar con este importante legado arqueolóxico.

Exit mobile version