Nota de Prensa
O GMS SOSPEITA QUE O RETRASO DAS OBRAS DO SANEAMENTO DE CERVO ESTÁN RELACIONADAS COA PRIORIDAD DE TIRAR O RIVERA CASÁS PORQUE O PRESUPOSTO É O MESMO
O importe de ámbalas dúas obras coincide e non deixa de ser sospeitoso que o alcalde anuncie o retraso na execución das obras do saneamento mentres aparece un millón de euros non presupostados para a construción da praza
CERVO, 15 DE XULLO. O GMS cre que o Alcalde de Cervo quedou en evidencia cando el mesmo declarou, trasla firma do Convenio de Colaboración entre o propio Concello e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas para o construción de unha praza en San Ciprian, que era un sono alcanzado despois de anos traballando en dito proxecto.
Se o equipo de Goberno do Concello de Cervo levaba anos traballando na creación da praza, significa que cando se tomou a resolución de reubicar aos nenos da vila no antigo colexio de Galdín non se tiveron en conta os criterios que tiñan que prevalecer, coma é a ubicación do colexio, a seguridade do mesmo, evitar que nenos de curta idade pasen mais de unha hora nun autobús metido, maior amplitude das aulas e un largo etc. O único que lle importaba ao equipo de Goberno era saírse coa súa.
Dende o GMS xa puxemos en riba da mesa nun pleno, a opción de reutilizar as edificacións existentes, salvo o pavillón, co fin de darlles servizos aos veciños, e así propuxemos o traslado do PAI a antiga escola de infantil, e que o edificio de primaria se utilizara coma Centro de Día, xa que o que anunciou Villares non ten visos de iniciarse de inmediato; tamén podería utilizarse coma local social para as distintas asociacións da Vila coma así o solicitaron algunhas, ou para locais de ensaio para os mais novos que tamén teñen reivindicado dita necesidade, unha escola de música e unha larga lista de usos que se lle pode dar dado as necesidades que hai non Concello.
¿Cambiamos derribo do colexio por saneamento de Cervo?
Dende o GMS tamen nos preguntamos se o anuncio que fixo o Alcade de Cervo fai xa algo mais dun mes do “PEQUENO RETRASO” que sufrira o saneamento de Cervo-Figuerido, ten algo que ver co anuncio feito da creación da praza e a premura que hai por levala adiante, xa que o Alcalde de Cervo anuncio que ese retraso se debía a desprazar a depuradora una 200 metros e varias melloras, que por certo non citou, como tampouco citou cando se ten previsto iniciar as obras de saneamento nin de canto era ese “pequeno retraso”. Curiosamente o importe do derribo e a construción da praza coincide co do saneamento.
O mais triste de todo e que o máximo mandatario do Concello non faga prevalecer as necesidades do Concello nin as dos seus veciños nin saiba priorizar entre as obras mais necesarias como son o saneamento ou o Centro de día que tamén son proxectos dependentes da Xunta de Galicia.
Pedímoslle ao Sr. Villares que pense un pouco mais na poboación de Cervo e menos nos seus SONOS, que ben de seguro que a cidadanía lle agradecerá.