Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide a Fomento que axilice o proxecto do segundo acceso desde a A8 en sentido Asturias

RIBADEO (FN) .- O alcalde, Fernando Suárez, pídelle ao Ministerio de Fomento que axilice o proxecto de construcción do segundo acceso a Ribadeo desde a A-8 en sentido Asturias. O rexedor lembra que desde que se aprobou por unanimidade no Congreso unha proposición non de lei do BNG nada se fixo ao respecto.

Suárez Barcia sinalou que “a proposición aprobada en xuño de 2009 contou co apoio unánime de todos os grupos e con aportacións de PSOE e de PP. Tratábase dunha proposta realizada polo BNG para facer un novo enlace na A-8 en Vilaselán co obxectivo de que a xente que viaxa en dirección Asturias poida acceder a Ribadeo a través de dous puntos, tal e como acontece para os conductores que circulan en sentido Galicia, eles poden chegar a Ribadeo a través das rotondas de Vilaselán e do polígono. Esta discusión contou coa razonable aportación de todos os grupos, hai un ano que saiu adiante e non sabemos absolutamente nada deste proxecto, non sabemos si está en fase de redacción, si se deu algún paso para facelo realidade ou si aquela aprobación foi un brinde ao sol sen mais trascendencia”.

O rexedor ribadense explicou que falou “con responsables do Ministerio de Fomento, falei incluso co director xeral de Carreteras de todo Estado e transmitiume a boa sintonía de cara a facer este proxecto realidade, pero vemos que o tempo vai pasando e que non se fixo nada, de aí que hai moi poucos días o diputado do BNG Francisco Jorquera lle plantexase unha serie de preguntas ao goberno sobre o grao de cumprimento da proposición non de lei, si se fixo xa o proxecto constructivo e se non se fixo a qué se debe tanto retraso e qué prazos temporais manexa o Ministerio de Fomento”.

Suárez Barcia engadiu que “sendo conscientes das restriccións que existen en Fomento para unha chea de obras públicas entendemos que dotar a Ribadeo deste acceso de Galicia en sentido Asturias non sería moi costoso porque os terreos xa están no ámbito de expropiación do que é a autovía A-8 e prácticamente sería unha cuestión constructiva non de expropiación. E ao mesmo tempo naquela proposición tamén se falaba de que o Goberno substituise os paneis informativos da A-8 que sempre poñen Ribadeo sur, o que provoca unha serie de despistes en moitos usuarios que pensan que logo van atopar Ribadeo norte e esa sinalización non existe, co que se pasan e teñen que realizar un rodeo de varios kilómetros ata Figueras para retornar a Ribadeo”.

O alcalde suliñou que “como vemos que non está habendo nada de todo esto, quérome facer eco das preguntas que plantexou o deputado do BNG no Congreso Francisco Jorquera e agardo que nesta idea na que todos estivemos de acordo confiemos en que o Ministerio de Fomento non sexa insensible de aprobar cousas que logo non se executan, porque iso o que fai é enfandar á xente, independentemente da opción política que teña. Esto é unha cuestión de todos, por todos foi aprobada e agora o Ministerio de Fomento non debe dar a calada por resposta e debe contestar rápidamente e poñer enriba da mesa ese proxecto constructivo para que os usuarios da A-8 que circulan en sentido Asturias teñan dous accesos a Ribadeo e non un só, como ocorre na actualidade”.

Exit mobile version