Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela optimista co obradoiro Faro de Burela

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, agarda que o Concello poida impartir o obradoiro Faro de Burela IV, porque toda a documentación foi presentada nos prazos establecidos pola administración autonómica. O rexedor di que se agarra ás palabras da delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.

Llano explicou que “nós presentamos o proxecto con toda a intención de que entrase na primeira fase, enviamos toda a documentación para que chegase antes do 15 de abril a onde tiña que chegar e así foi. Hai unha contestación por parte de Raquel Arias criticando as razóns polas que fixemos esto. Nós temos que estar preocupados porque presentamos en prazo a documentación para entrar na primeira fase. É certo que se nos enviou un requerimento para en 10 días remitir unha serie de documentación que se presentou nese prazo, non entedemos porque razón andan cuns prazos para aquí ou para alá, que si chegou tarde…todo amosa, segundo o rexistro de saída do Concello, que todo o proceso se fixo correctamente para entrar na valoración da primeira fase”.

O rexedor engadiu que “ela ven dicir que se valorará en setembro e que Burela aínda ten oportunidade de conseguir ese obradoiro, eu agárrome a esas palabras. Queremos impartirlo aquí, porque vai ocupar a unhas 45 persoas en xardiñería, redes, etc, etc… eu quédome con esas palabras de Raquel Arias. A min con tal de contar con él dame igual que nos sexa concedido na primeira que na segunda fase. O que sí queremos é que se estableza ese obradoiro aquí porque levamos tres anos sen contar cun destas características no noso concello, debido á gran cantidade de demanda de traballo que hai. Nós con casi 11.200 persoas aquí asentadas debemos precuparnos porque saia adiante”.

Exit mobile version