Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela e o presidente de Feve analizarán como mellorar o servizo de tren

BURELA 8FNC) .- O presidente de Feve, Angel Villalba, visitará Burela a principios do vindeiro mes de agosto, segundo anunciou hoxe o alcalde. Alfredo Llano sinalou que “con él analizarei as melloras que sería necesario acometer na estación burelesa e tamén outras propostas como a estancia durante unhas cantas horas en Burela dos pasaxeiros dos trens Costa Verde para que poidan visitar o barco museo, as nosas praias e coñecer un pouco máis o noso pobo. De todo iso e doutras cousas pretendo falar en breve co presidente de Feve, que vai visitar Burela nuns días. Tamén lle quero plantexar a necesidade de contar cun bo servizo de cercanías na comarca da Mariña”.

Llano tamén adiantou que o barco Muralla de Lugo da Deputación Provincial estará os días 3 e 4 de agosto en Burela. O horario de visita será de 11 a 14 e de 18 a 21 horas. O lugar no que quedará instalado “aínda está por determinar, será na praza da Mariña ou na praza do Concello”.

Exit mobile version