BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, foi nomeado membro do Consello de Administración de Xestur Lugo esta semana. Fíxoo a proposta do representante do Instituto Galego de Vivenda e Solo na devandita Xunta Xeral da Sociedade. Fuente Parga substitúe no cargo a Beatriz Cuiña Barja.
O novo vocal nomeado, estando presente no pleno celebrado hai uns días, aceptou o cargo e declarou non estar incurso en ningunha prohibición ou incompatibilidade, conforme ás disposicións legais vixentes.