SANTIAGO .- O alcalde de Alfoz, Emilio Lousas Muiña, acompañado da parlamentaria Emma Álvarez Chao, reuníronse co director xeral de Desenvolvemento e o subdirector xeral de Infraestruturas Consellería de Medio Rural para recabar información do estado da concentración parcelaria Val de Alfoz.
NOTA DE PRENSA
Mantiveron hoxe unha reunión co Director Xeral de Desenvolvemento Rural e o Subdirector Xeral de Infraestruturas na que se comprometeron a impulsar o desenvolvemento de dita concentración parcelaria.
O ALCALDE DE ALFOZ E A DEPUTADA DO PPDEG EMMA ALVAREZ INTERÉSANSE POLO ESTADO DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA VAL DE ALFOZ
* Acadaron o compromiso da Xunta de ofrecer solución á situación plantexada sobre o estado das vías provinciais.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2010.- O alcalde de Alfoz Emilio Lousas Muiña xunto coa deputada do PPdeG Emma Álvarez Chao interesáronse hoxe polo estado da concentración parcelaria Val de Alfoz. Con este obxecto mantiveron unha reunión co Director Xeral de Desenvolvemento e o Subdirector Xeral de Infraestruturas Consellería de Medio Rural.
Entre as cuestións tratadas nesta xuntanza, subliñouse o mal estado no que se atopaban as principais vías de comunicación. No proxecto de apertura de pistas da concentración parcelaria e de común acordo coa Deputación Provincial modificáronse as vías provinciais incluso realizando trazados alternativos e ampliando o ancho das mesmas. A día de hoxe, o estado das vías, que son estradas principais de aceso e comunicación entre as distintas parroquias, presentan importantes deficiencias a consecuencia de que se atopan en zahorra e consecuentemente son máis vulnerables ás inclemencias climatolóxicas.
O señor Alcalde e a deputada abordaron a situación destas estradas, e tendo en conta as deficiencias que presentan, quixeron buscar unha solución de común acordo que axilice á maior brevidade posible o arranxo desta situación que provoca malestar nos veciños, e como non podía ser doutro xeito, tamén na persoa do Sr. Alcalde.
Por parte do Director Xeral comprometéronse en axilizar este proceso levando a cabo cantas medidas e acordos sexan necesarios para este fin. Por elo móstranse “satisfeitos do compromiso da Xunta de Galicia coa axilización deste proceso”