Nota de Prensa
González Barcia: “no presuposto municipal deste ano xa hai partidas de gasto agotadas”.
O portavoz popular asegura que o bipartito é o exemplo do despilfarro: “nós, a gastar; xa pagará o PP”.
Lembra que os clubes non cobran e que as asociacións non teñen subvencións.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que “dentro dos presupostos municipais do presente ano, a día trinta de xuño, xa hai partidas de gasto practicamente agotadas, e que a situación económica que se vive no concello é o exemplo do despilfarro e da ausencia total de control político do gasto”.
González Barcia asegurou que “partidas de gastos diversos das áreas de Cultura, Benestar, Igualdade, Mar e Deportes están xa agotadas, ou a piques de agotarse, e algunhas delas en números roxos. Estes datos non os inventamos os do PP, son datos oficiais que manexa o concello e que foron ó pleno de hoxe”, e que están a disposición de todo o mundo.
Barcia aportou dous datos: Para Igualdade había a un de Xaneiro deste ano seis millóns de pesetas para gastos diversos. Sólo quedan duascentas trinta e cinco mil pesetas. E o peor é que están pendientes de pago cinco millóns e medio de pesetas. Para Turismo, había a principios de ano dez mil euros para publicidade e propaganda: a día de hoxe só quedan 99’82€ e o peor de todo é que non se pagou nada.
Paro o portavoz do PP ese é outro problema: “o peor é que se gasta e non se paga: hai proveedores, mesmo proveedores de Burela, que levan un ano agardando a que se lles paguen facturas. Eso, sen falar do que se lle adeuda a CeltaPrix, ou a Sogama, pagos que están perfectamente contemplados nos presupostos e que os veciños pagamos relixiosamente nos nosos recibos de recollida de lixo. Pero hai determinadas facturas que sí se pagan”.
E por riba, dixo Barcia, “os clubes deportivos con convenios asinados ainda non viron un peso, tardouse nove meses en pagas as axudas dos corenta euros, os colexios viron reducidas a cero as axudas do concellos e as asociacións xa levan dous anos sen ningún tipo de subvención para as súas actividades, pero gástanse tres millóns de pesetas nun curso de jazz”.
Os populares lamentan que desde o bipartito non se tivese deseñado un plan de austeridade económica, tal e como se lle solicitou no seu día antes da elaboración do presuposto municipal do presente ano. E pregúntanse dúas cousas: cando cobrarán os proveedores e como conta o bipartito chegar a finais de ano. Pero tamén adiantan a resposta: “o bipartito está pensando sólo en gastar; e como dentro de dez meses non van gobernas, pois que se arregle o PP, sen darse conta que os realmente perxudicados son os veciños e veciñas do noso concello”.