BURELA (FNC) .- Os alumnos que asisten ás actividades de verán organizadas polo Centro de Educación Medioambiental Gaia levaron adiante a limpeza da praia urbana o pasado venres dia 23. Os nenos, segundo explican as monitoras, atenderon a explicación dun operario de limpeza da praia que lles explicou o sistema de recollida do lixo (matizándolles que as algas non se poden recoller nin enterrar), e a importancia de manter o arenal limpo e en boas condicións; posteriormente os nenos con palas, bolsas de lixo e guantes realizaron a limpeza , entre o lixo que atoparon destacan os plásticos, papel de aluminio e cabichas. Lembrar que as monitoras de Gaia repartiron tamén a semana pasada ceniceros ecolóxicos na mesma praia, os que desexen contar cun cenicero só teñen que dirixirse ao posto dos socorristas das praias (urbana, Ril e A Marosa).
Nenos limparon a praia urbana de Burela na que atoparon plásticos, papeis e cabichas