Site icon Crónica3.com A Mariña

Moito cemento

Lendo o artigo de Ramón Casas, sobre un cabozo derrubado en S. Miguel, non podo senon pensar o que aconteceu en Foz, onde se tiraron edificios que debían de conservarse, e cando unhos amigos portugueses dun fillo meu me preguntaban polo casco antigo de Foz, non puiden mási que avergoñarme o decirlles que case non que quedaba, e isto foi hai unhos 8 anos. Se veñen hoxe! Grazas que quedou en pé a biblioteca, pero o seu carón ten un edificio no que xunta todo o que non debera: formigon cara vista, azulexos na fachada, uralita… hai que o poda facer pior.
Xa que estamos críticos, non entendo, cada vez que veño a Foz, o espectáculo dos camións da basura aparcados no porto, frente a piscina e lanzando os seus cheiros desagradables. Un povo turístico e rico coma Foz como consinte estas cousas. Boeno o de rico é un decir, pois debe case 2 millóns de euros, algo que non se entende moi ben, despois das 6.000 licenzas de obra que se deron no 2006 en ano e medio.
Brais Bouza

Exit mobile version