O día 5 do pasado xuño celebrouse, coma cada ano dende que en 1972 o establecera a ONU, o Día Mundial do Medioambiente. O turismo é un dos aspectos mais importantes e en plena expansión da economía mundial; compatibilizar a industria turística e a protección do medio ambiente debe ser primordial para acadar o obxetivo dun turismo sostible; precísase polo tanto un planeamento ordenado e respectuoso coa natureza e evitar así a súa destrucción por mor dun desarrollo desconsiderado cos valores que son a razón de ser dun mercado baseado na chamada dos atractivos naturais: a beleza e salubridade dos contornos; a riqueza cultural nos mais variados aspectos; o interese da historia e cantas consideracións podan exercer de talismán para as persoas que buscan o contrapunto á existencia agobiante e artificiosa da cidade.
Os nosos pobos, sen renunciar á modernidade, teñen que conservar as singularidades tradicionais dunha vivencia social e humana pracenteira e distendida que só se logrará dende o respecto ó medio natural, con espacios para a convivencia, que no diseño urbanístico e dotacional debe primar para garantir a permanencia dunhas condicións de vida anheladas por quen elixen como destino lugares que ofrezan tales condicións, e deixar esta herdanza ás xeracións vindeiras.
Sin embargo a actividade turística actual, así como un urbanismo socabado por especulacións públicas e privadas, expresa ben a contradicción existente entre unha sociedade cada vez mais interesada na conservación do patrimonio natural e cultural, e a degradación resultante do mesmo cando non existe un planeamento adecuado e non se emplean solucións sensatas e non agresivas, que permitan un desarrollo sostible.É certo que éste esixe a participación de tódolos axentes relacionados co sector, así como espacios de diálogo e sensibilización e apertura ás innovacións; traballo conxunto que, finalmente, require protagonismos compartidos. A “democracia é ceder autoridade para compartir”.
Suso Fernández