SANTIAGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa colaboración de Sogama e Ecoembes, vén de iniciar a campaña de recollida selectiva en 27 escenarios de Lugo para o presente verán dos que 23 son praias de A Mariña. A campaña terá unha duración de dous meses, desde o primeiro fin de semana de xullo ata o 31 de agosto
Nota de Prensa
A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE LEVA A 27 ESCENARIOS DA PROVINCIA DE LUGO O PLAN DE RECOLLIDA SELECTIVA
* Este ano, o proxecto introduce como novidade a implantación da recollida selectiva de papel-cartón e vidro nalgunhas praias seleccionadas
* O plan contempla campañas informativas que se realizan nas praias e en campamentos xuvenís mediante xogos e reparto de material promocional
* O principal obxectivo deste proxecto é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos
* O proxecto rematará o 31 de agosto
Santiago, 10 de xullo de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa colaboración de Sogama e Ecoembes, vén de iniciar a campaña de recollida selectiva en 27 escenarios de Lugo para o presente verán. A campaña terá unha duración de dous meses, desde o primeiro fin de semana de xullo ata o 31 de agosto
O principal obxectivo deste proxecto é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos, xa non só nos seus fogares, tamén nas praias que frecuentan durante os meses estivais. Cómpre estender este hábito a novos escenarios como as praias fluviais, onde tamén se xeran cantidades importantes de residuos urbanos. Trátase de que os residuos xerados nas praias e constituídos maioritariamente por envases se recollan selectivamente para que teñan a xestión final máis axeitada.
Na provincia de Lugo, serán obxecto deste plan de recollida selectiva un total de 27 escenarios, os cales se poden observar nos seguintes gráficos.
Concello | Praia |
Barreiros | San Miguel de Reinante |
Valea-Fontela | |
Altar | |
As Pasadas | |
Lóngara | |
Burela | A Marosa |
O Portelo | |
Ril | |
Castro de Rei | Área Recreativa Castro de Rei |
Cervo | Cubelas |
O Torno | |
Foz | A Rapadoira |
Llás | |
Areoura | |
As Polas | |
A Pampillosa | |
Peizás | |
Lugo | Zona da Potabilizadora |
Monterroso | A Peneda |
O Vicedo | Xilloi |
Abrela | |
Ribadeo | As Catedrais |
Os Castros | |
Vilalba | A Magdalena |
Viveiro | Area |
Cobas | |
Xove | Esteiro |
Vantaxes
O departamento que dirixe Agustín Hernández sinala que mediante as medidas plantexadas no proxecto mellórase o servizo de recollida e dótase aos areais dos medios precisos para facilitar aos usuarios a súa implicación activa.
O plan de recollida permite evitar que unha porción importante de envases lixeiros se desvíe a un destino non desexable para estes, impulsando a reciclaxe e incrementando os ratios de recollida selectiva.
Medio Ambiente lembra que o proxecto posibilita o avanzar un paso máis na xeralización da recollida selectiva a todos os ámbitos de forma que pouco a pouco a separación en orixe sexa un hábito en calquera actividade cotiá.
Novidades
O proxecto conta coa implantación dunha novidade para este verán: a recollida selectiva de papel-cartón e vidro nalgunhas praias seleccionadas, a modo de experiencia piloto. En canto ao papel- cartón, 20 praias seleccionadas coa instalación dun contedor específico serigrafiado acorde á imaxe da campaña para a recollida destes materiais nos accesos aos areais.
No que se refire a vidro, instalaranse contedores nos chiringuitos dunha serie de praias seleccionadas.
Campañas informativas
O plan de recollida contempla a realización de xornadas lúdico- informativas en 11 praias seleccionadas. Os puntos activos adoitan colocarse en zonas de tránsito dos usuarios das praias. Un equipo de monitores encárganse de informar sobre o proxecto, dinamizando os encontros mediante xogos e material promocional como frisbiees, bolos ou petancas. Estas campañas informativas tamén se efectuarán en campamentos xuvenís. Ademais, levaranse a cabo flash-mob, é dicir, actuacións sorpresa que teñen lugar nunha praia, lugar no que varios actores realizan un baile coordinado.