Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 4 mil persoas están sen traballo en A Mariña según datos do Observatorio do paro

A MARIÑA .- No último mes os parados do Pacto Territorial minguaron en 302,o que significa un descenso do paro do 6,90%. Este valor é superior ao descenso que se rexistraba entre xuño e maio de 2009, cando o paro minguaba nun 4,83%, asegura o Observatorio do paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña.
Segundo datos de esta entidade nos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela hai 4.077 persoas desempregadas.

Exit mobile version