Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 250 veciños participan esta semana nas 6 rutas do programa Km0 da Deputación

LUGO .- A Mariña, a Ribeira Sacra e a modalidade Xtreme centran as 6 rutas de Km0 desta semana.  Máis de 250 veciños de Lugo, Sarria e O Páramo participan esta semana no programa de visitas medioambientais da Deputación.
Nota de Prensa

A Mariña, a Ribeira Sacra e a modalidade Xtreme centran as 6 rutas de Km0 desta semana

– Máis de 250 veciños de Lugo, Sarria e O Páramo participan esta semana no programa de visitas medioambientais da Deputación

– 50 farano a través do deporte coas actividades Multiaventura e Diana dentro da modalidade Xtreme

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación de Veciños Terras de San Vicente do Páramo e a outro do colectivo de Servizos Sociais do Concello de Lugo dentro de Km0. En total, máis de 250 veciños redescubrirán a provincia nas 6 rutas programadas para esta semana coa iniciativa que promove o organismo provincial.

No primeiro caso, trátase dun grupo de 48 persoas que elixiron a Ribeira Sacra, onde coñeceron a Igrexa de Proendos, os petroglifos e a adega Algueira, onde degustaron o viño que se produce nas ladeiras do río Sil. Os 55 veciños de Lugo, desprazáronse ata o porto de Burela. No municipio mariñano, coñeceron o ambiente pesqueiro que se vive na lonxa e como traballan as redes as mulleres burelesas.

A través do deporte e da multiaventura

O mércores, 24 solicitantes individuais visitarán a praia da Rapadoira e o porto de Foz. Ademais, farán un treito da ruta de sendeirismo polo río Ouro. Ese mesmo día, a modalidade Xtreme do programa medioambiental tamén será protagonista, xa que 24 integrantes da Concellería de Xuventude de Lugo redescubrirán a provincia a través do deporte e da multiaventura. Concretamente, farán a ruta “Móllate” que inclúe vela latina, catamarán, kayak e esquí acuático o seu paso pola ría da vila.

Finalmente, o xoves, 55 veciños de Sarria farán unha travesía en barco pola ría de Ribadeo. Tamén coñecerán o convento de Clarisas e o casco histórico da vila. Asimesmo, 24 membros da Asociación luguesa “Lostregos Lucus” realizarán tiro con arco nas Ínsuas do Miño, dentro da modalidade Xtreme, e farán unha visita guiada polo Centro de Interpretación do río Miño.

Exit mobile version