LOURENZÁ .- O concello de Lourenzá habilitou unha oficina para o consello regulador para a inscrición do rexistro de produtores e plantacións da IXP grelos de Galicia. O xoves, 22 de xullo, por iniciativa do Consello Regulador da IXP e con persoal propio daránse cita todos os mariñáns interesados en inscribirse no Rexistro de Produtores e Plantacións da IXP Grelos de Galicia
nota de prensa
Delegación Medio Rural
Será o próximo xoves día 22 na Biblioteca Municipal en horario de 9 a 14 h
O CONCELLO DE LOURENZÁ HABILITA, PARA O CONSELLO REUGLADOR, UNHA OFICINA PARA A INSCRIPCIÓN DO REXISTRO DE PRODUTORES E PRANTACIÓNS DA IXP GRELOS DE GALICIA
* Convidamos a inscribirse a tódo-los produtores, operadores comerciais, almacenistas en fresco e industrias de procesamento de toda a Mariña.
Lourenzá, 7 de decembro do 2009.- O vindeiro xoves, 22 de xullo, por iniciativa do Consello Regulador da IXP e con persoal propio, no Concello de Lourenzá daránse cita todo-los mariñáns interesados en inscribirse no Rexistro de Produtores e Prantacións da IXP Grelos de Galícia.
A documentación que teñen que aportar é a fotocopia do DNI ou CIF se é o caso. É moi importante a identificación SIXPAC das parcelas a rexistrar, para as que se necesita a identicación do concello, da zona, do polígono e da parcela, así como a superfície da parcela ou do recinto a inscribir em metros cadrados apta para o cultivo do produto amparado.
Según o Acordo do Consello Regulador de data 26 de febreiro de 2010 as cotas de inscrición na Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galica son as seguintes:
.- Cota de inscrición no rexistro de produtores e plantacións: 30 €
.- Cota de inscrición no rexistro de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco: 100 €
.- Cota de inscrición no rexistro de industriais de procesamento: 100 €
“Aproveito para animar, sobre todo aos produtores de grelos, a inscribirse neste rexistro, é unha maneira de acadar un distintivo para o seu produto e deste xeito acadar un recoñecemento para a súa produción que necesariamente se traduce en maior prezo no mercado”