Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA VISITOU A EXPLANADA DO PORTO BURELAO, ONDE SE DESENVOLVE HOXE A XORNADA “LÁNZATE AO VERÁN”
O tempo acompañou a esta actividade lúdico-deportiva, e os nenos e nenas puideron xogar a fútbol e volei praia, escalaar o rocódromo, e practicar piragüismo e tiro con arco, entre outros
A Área de Deporte da Deputación promove “Lánzate ao verán” desde a primeira edición, no ano 2008
Na primeira e segunda edicións deste programa de actividades lúdicas que se desenvolven na provincia de Lugo xa participaran mozos e mozas de xeito gratuíto. Nesta ocasión, o volei praia e o fútbol praia, ademais da tirolina, obradoiros, piragüismo e xogos populares son algunhas das alternativas de ocio que o programa de “Lánzate ao verán” preparou para os nenos e nenas asistentes, entre os que se atopaban os que participaron no campus de fútbol base que organizou o CD Burela FS e se estivo a celebrar dende o pasado mércores no concello burelao. Por sorte, o tempo acompañou nesta xornada e todos os xogos e actividades preparadas gozaron dun grande éxito.
A participación neste programa é aberta, e aqueles rapaces e rapazas que previamente se inscribiran puideron ademais participar no picnic-comida e na merenda. A xornada arrancou ás 11 da mañá e ao longo do día moita xente nova disfrutou do circuíto deportivo con 6 zonas de xogo.
As actividades estiveron divididas por emprazamentos:
– EXPLANADA DO PORTO (onde se levarán a cabo as seguintes actividades)
o GRAN XOGO – baixo a temática “Busca do Tesouro da Mariña”, (onde os rapaces terán que ir superando diversas probas de enxeño, deportivas, habilidade, etc., relacionadas con A Mariña Lucense
o OBRADOIROS: Refugallo, Malabares, Globoflexia e Chapas,
o XOGOS- xogos populares (a corda, catabañola, pano, petanca,…), xogos con paracaídas e xincana deportiva.
o INCHABLES – multiarcos, exipcio, multiaventura, rocódromo
o AVENTURA – tirolina, tiro con arco
o MULTIDEPORTE – basket 3×3, fútbol 3×3
o INCHABLES, basket 3×3, fútbol 3×3, rocódromo, tiro con arco e tirolina)
– PRAIA DE PENOURAL – onde se levará a cabo a actividade de PIRAGÜISMO
– PRAIA DO PORTELO – onde se levará a cabo na xornada de tarde a actividade de FÚTBOL PRAIA e VOLEI PRAIA
Ás 13:30 horas tivo lugar a “milla urbana” polas rúas de arredor da explanada, controlada en todo momento pola garda civil, e con saída dende a explanada do porto. Os participantes recibiron como obsequio unha camiseta conmemorativa.