Site icon Crónica3.com A Mariña

Lamenta o BNG de Barreiros que o PP non aprobase unha moción para mellorar a atención sanitaria no concello

Nota de Prensa

O BNG DE BARREIROS LAMENTA QUE O PP NON APROBASE NO PLENO DO LUNS UNHA MOCIÓN SOBRE A ATENCIÓN SANITARIA NO CONCELLO. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE NON SE PODE RENUNCIAR A CONTAR CUN TERCEIRO ATS NO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS.

Barreiros, 30 de xullo de 2010. O BNG de Barreiros lamenta que o PP non aprobase no pleno do luns unha moción sobre o Plan Mellora e a atención sanitaria no concello. Os nacionalistas consideran que non se pode renunciar a contar cun terceiro ats no centro de saúde de Barreiros.

No BNG de Barreiros amósanse sorprendidos de que “no último pleno celebrado pola Corporación non saise adiante dunha moción que presentou o noso grupo relativa á sanidade primaria na Mariña e ao desenvolvemento do plan Mellora 2007-2011, xa deseñado no goberno bipartito. Sorprendeunos que o Partido Popular de Barreiros votase en contra desta moción, pois no propio plan Mellora se recollía a necesidade de ampliar as ratios tanto de médicos como de ATS en función da poboación existente e con eses baremos a Barreiros correspondenlle tres ats e non dous, como ten agora mesmo. A cada médico lle correspondería un ats”. Desde o grupo municipal do Bloque sinalan que “agora mesmo no centro de saúde de Barreiros hai tres médicos e dous ats. Independentemente de que os profesionais, os ats que están ao frente dese servizo, estean a cubrir ben as necesidades dos veciños, cremos que non se pode renunciar a ter un ats máis en Barreiros. Ademáis hai que ter en conta que a poboación de Barreiros no verán aumenta e esas previsións xa as tiña contempladas o goberno da Xunta anterior e por iso tiña previsto que a Barreiros lle correspondese un ats mais dos que ten”.

Os nacionalistas insisten na súa estraneza de que “ao Partido Popular lle pesase máis a obediencia partidaria que atender a unha necesidade real, a un servizo máis que poden ter os veciños de Barreiros. E curioso ademáis que quen defendeu a postura do PP é o tenente de alcalde, que tamén e ats. Rebatimoslle desde o BNG dicindo que non se sustentaba a súa argumentación de que a xente estaba ben atendida, sí o recoñecemenos que está ben atendida, estamos en mans de bos profesionais en Barreiros, pero non podemos cerrarnos á posibilidade de que exista un ats máis, cando había unha disposición, como era o plan Mellora 2007-2011, que así o contemplaba. Por iso nós entendemos que aí ao Partido Popular lle pesa máis a súa obediencia partidaria que realmente servir aos intereses dos veciños de Barreiros. Independementemente de que fora o bipartito ou fora o PP quen o propuxera cremos que esta moción había que aprobala unánimemente. Non foi asi e por iso o lamentamos”.

Exit mobile version