O rexedor dixo que “hoxe atopámonos aquí nas Catedrais, neste monumento natural e nesta praia de referencia non só en Ribadeo, na comarca e en Galicia senón en todo o mundo por nivel de visitantes. Hai que ter en conta que sempre se di e é certo que As Catedrais é o segundo lugar mais visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago e procedemos hoxe a izar tres distincións, tres bandeiras, tres enseñas, unha mais que o ano anterior en recoñecemento ao traballo realizado que nos outorgan asociacións e entidades de certificación de calidade como pode ser a ISO 14001, como é por segundo ano consecutivo a Q de calidade, e levamos varios anos conseguindo as bandeiras azuis nestes areais, tanto nas Catedrais, como en Os Castros-As Illas”.
Suárez Barcia suliñou que “estes dous areais xunto con outro aquí dun concello cercano somos dos poucos de todo Estado en ter tres certificacións de calidade deste tipo, o cal é unha honra e un orgullo para nós, para o Concello, para os veciños e veciñas e é un signo de calidade para quen nos visita. Hoxe está aquí con nós o presidente de Asociación de Comerciantes para apoiar que os turistas que veñen a estas praias tamén van a Ribadeo, compran na nosa vila e tamén se quedan aquí. Ademáis pensando neso de aí esa iniciativa que presentamos onte, esa primeira ruta de transporte colectivo que haberá entre a vila de Ribadeo e estas praias de Os Castros, Esteiro e As Catedrais que empeza mañá”.
O alcalde considera que “estas distincións recoñecen o traballo, a limpeza, a seguridade, os socorristas… valoran estes servizos que estamos tendo e que cada ano aspiramos a mais, tentamos facer mais e facelo mellor”.