SANTIAGO .- Malos tempos para o galego. Dous históricos medios de comunicación dixitais galegos deixan de editarse definitivamente esta fin de semana. Segundo anuncia o seu creador, Berto Yañez,
a rede social “chuza! pechará as súas portas hoxe 25 de xullo ás 23:59″ un día como calquera outro, matiza.
Vieiros xa pechou onte, día 24, “logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos” di o editor, Lois Rodríguez .
Malos tempos para Galicia.