Site icon Crónica3.com A Mariña

Hai deficiencias nas praias de Burela, denuncia o PP

Nota de Prensa

O PP denuncia deficiencias nas praias burelesas.

Pablo Pernas e Luis Pedre consideran “raro” que se contraten agora dous socorristas.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que “estamos recibindo queixas, día sí e día tamén, dos usuarios das praias, sobre de todo da de Portelo, polo pouco ou escaso cuidado que o concello está a poñer na limpeza e outros servicios das mesmas”.

Os concelleiros populares Pablo Pernas e Luis Pedre indicaron que “a limpeza da praia de Portelo deixa moito que desexar, e xa non só pola presencia de algas putrefactas; tamén se ven cans pola área, cando xa se sabe que está totalmente prohibido que durante a temporada de verán os cans esteñan na area”.No que se refire á praia de A Marosa, “temos queixas dos servicios hixiénicos, que non están debidamente limpos”. Os dous edis afirman que “nós mesmos temos verificado estas cuestións”.

Ademais, Pernas e Pedre consideran que a contratación de dous socorristas máis a estas alturas do verán demostra “hasta onde chega o grado de improvisación do bipartito local, porque se querían contar con doce socorristas, puideron contratar estes dous xunto cos anteriores; e xa adiantamos que a Xunta concede este ano os mesmos que concedeu o ano pasado”. Pernas e Pedre consideran que o proceso de contratación destes dous socorristas “é mui raro, porque só se deron dous dias para presentar a documentación”.

No tocante á selección dos socorristas que se fixo hai practicamente un mes, os edis populares afirman que “nese proceso de selección houbo problemas, porque a algún aspirante non se lle valorou algunha das probas realizadas, o que xenerou protestas”.

Finalmente, os edís do PP pídenlle ó goberno  municipal que asuma as súas competencias e que se adiquen a traballar, que para eso están, e para eso cobran.

Exit mobile version