Pois ben, hai dous anos no 2008, os españois nas urnas eleximos un partido para o goberno o PSOE e outro ou outros para a oposición, o principal partido da oposición é o PP. Poidemos comprobar, depois do último debate sobre o Estado da Nación, do que cada grupo tira de consecuencias, e o igual que despois dunhas eleccións todos dicen que gañaron, a pregunta que nos facemos os cidadáns é a de se hai unha alternativa agora mesmo, ou debe seguer a lexislatura ata o seu final no 2012.
Os gobernos ao longo dos anos van sufrindo un desgaste, esgotando as súas propostas e os electores adoitan ir dándolle confianza aos grupos opositores para acceder ao goberno nas futuras eleccións anticipadas ou non. Neste caso o goberno do Estado presidido por Rodríguez Zapatero desde o 2004 vai acumulando cansazo e tomando decisións, que nalgún caso anunciaba que non ía tomar, en definitiva, sería preciso e moi interesante que paralelamente na oposición se foran poñendo de manifesto alternativas e medidas programáticas para poder ser goberno nun futuro máis ou menos cercano, cando os electores o consideren. Algúns políticos e medios de comunciación reclaman xa a urxente convocatoria de eleccións.
Lamentablemente, poidemos comprobar, no pasado debate que o principal grupo opositor está contentísimo con que sega a crise, canta máis crise, máis votos perde o goberno que van parar ou ben a oposición ou a abstención. Non foron capaces de explicar que medidas tomarían de acadar o goberno, de expoñer un programa político para os vindeiros anos. Este é o triste panorama que nos queda, un goberno que vai perdendo fuelle e unha oposición que só se limita a decir que hai que convocar eleccións que esperan gañar, pero que non podemos saber o que farán no futuro. Se pensan que as medidas que deben tomarse para afrontar a crise son as mesmas que toman o resto dos países europeos, recortes no gasto público, nos salarios, nas pensións deben decilo, se teñen outras fórmulas tamén sería moi interesante coñecelas.
Depois do debate, penso que queda claro que a oposición, que deberá ser goberno nalgún intre, está aínda moi verde, deberá esperar uns anos para ir facendo unha análise e un proxecto de país, non é bo que teña tanta présa por chegar, présa que baixo o meu punto de vista ten moito que ver coa situación de Rajoy dentro do partido. Ao mellor no 2012 para Rajoy xa é tarde, pero que non se poña intranquilo, o PP chegará de novo ao goberno, aínda que moitos pensemos que canto máis tarde chegue mellor para o país.
Pedro Chao Polo