Site icon Crónica3.com A Mariña

Grupos de Gijón, Zaragoza e A Subela de Foz, no Festival Aires do Masma

O sábado 17 celebrouse en Foz a XI edición do Festival Aires do Masma. Nel participaron, ademais do grupo anfitrión -A Subela-, a sección de Coros y Danzas do Real Grupo Cultural Covadonga de Gijon, e a Asociación de Música e Folclore de Magallón (Zaragaza). A Praza Conde de Fontao, lugar onde se celebrou, rexistrou un cheo de público entregado ao bo facer dos tres grupos. Na foto podemos observar un momento da actuación do grupo de Magallón, grupo que ademais do repertorio de danza, deleitou aos espectadores  cun cadro de jotas cantadas que arrancaron numerosos aplausos.

Exit mobile version