Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove oferta no verán actividades de fitnes, ximnasia de mantemento e xogos infantís

XOVE .- A concellería de Cultura de Xove programou para os meses de verán actividade de fitnes, ximnasia de mantemento e xogos infantís, que se  desenvolven na aula deportiva do concello.

NOTA DE PRENSA

ACTIVIDADES VERÁN 2010 DE CULTURA

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organizou unha serie de actividades lúdicas que se están a desenvolver durante os meses de xullo e agosto; de carácter totalmente gratuito, son impartidas pola Monitora Deportiva do Concello Estíbaliz Dayán.

As actividades que se están a desenvolver, son:

XOGOS INFANTÍS.- Dentro desta modalidade temos dous grupos, un infantil de 3 a 5 anos, que desenvolven as súas actividades os martes e xoves de 10:45 a 11:45 horas, e no cal participan 20 alumnos/as, e outro grupo de  nenos/as de 1º a 3º de Primaria, formado por 10 alumnos/as que tamén realizan as actividades os martes e xoves de 11:45 a 12.45 horas.

Esta actividade comezou o 5 de xullo e vai rematar o 12 de agosto.

FITNES.- Nesta actividade, na que hai que ser maior de 18 anos para participar, temos 10 alumnos/as que realizan as súas actividades os luns e mércores de 10:15 a 11:15 horas.

Esta actividade comezou o 5 de xullo e vai rematar o 11 de agosto.

XIMNASIA DE MANTEMENTO.-  Dirixido á poboación máis adulta (3ª idade),  conta con 25 inscritos que desenvolven as súas actividades os luns ,mércores e venres de 11:30 A 12:30 HORAS.

Todas estas actividades desenvólvense na nova Aula Multideportiva do Concello.

Exit mobile version