Site icon Crónica3.com A Mariña

Feve restituíu a liña de tren en Ribadeo e continúa a recuperación de vagóns descarrilados

RIBADEO (FNC) .- O rexedor ribandense Fernando Suárez informou que “esta mesma mañá o director general de Feve, Amador Robles, comunicóume que a primeira hora o servizo da liña de Feve que pasa polo noso concello está restituido, despois de que durante as últimas horas se traballase a reo por parte de operarios de mantemento e reparación da compañía para ter operativa canto antes esta liña. Nos vindeiros días os trens pasarán a unha velocidade moderada porque están asentando todos os traballos. Aínda non se recuperaron todos os vagóns, están pendentes os que non molestan para o tránsito dos trens, precísanse unhas grúas moi grandes para poder chegar á zona. O mellor é ver que non houbo verquidos e que non se produciron danos persoais, houbo un incordio para os viaxeiros, pero agora todo volta á normalidade”.

Suárez Barcia indicóulle “ao Grumir que periódicamente dea unha volta na zodiac para asegurarse de que os troncos que quedaron por alí non se despracen porque poden ser un perigo si chegan á ría e danan algunha embarcación”.

Exit mobile version