Site icon Crónica3.com A Mariña

Familias de Cervo acollen nenos saharauís no verán

CERVO .- Os tres nenos que pasarán os meses de verán en Cervo recibiron este mediodía no consistorio cervense a benvida do alcalde, Alfonso Villares, e da concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada. O Concello de Cervo destinou 2.070 euros a través da súa concellería de Asuntos Sociais na colaboración deste programa de acollida “Vacacións en Paz”

Nota de Prensa

O CONCELLO DA A BENVIDA AOS NENOS SAHARAUÍS ACOLLIDOS DURANTE ESTE VERÁN EN CERVO

Cervo, 9 de xullo de 2010.- Os tres nenos que pasarán os meses de verán en Cervo recibiron este mediodía no consistorio cervense a benvida do alcalde, Alfonso Villares, e da concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada.

Nesta breve xuntanza o rexedor local agradeceu ás dúas familias de acollida a posibilidade que lles brindan a estes rapaces “para facer posible que veñan a Cervo e que poidan integrarse durante uns meses coma uns veciños máis”.

O Concello de Cervo leva participando desde fai anos no programa de acollida “Vacacións en Paz”, organizado pola asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí coa colaboración de diversos concellos de Galicia. Esta iniciativa solidaria busca que os pequenos coñezan outra cultura e outro clima, gozando dunhas comodidades que non teñen onde viven. Neste senso Villares lembrou que as altas temperaturas que se rexistran durante os meses de verán nos campamentos saharauís fai que a estadía destes pícaros en climas máis fríos sexa “case imprescindible” para o seu correcto desenvolvemento “xunto cós controis médicos que as familias de acollida lles fan”, sinalou.

Segundo indicou a concelleira Pilar Armada, este ano o Concello de Cervo destinou 2.070 euros (690 euros por cada neno) a través da súa concellería de Asuntos Sociais na colaboración deste programa . Esta cantidade ten por obxecto sufragar os custes dos billetes de avión (ida e volta), póliza de seguro para cada un dos nenos acollidos; e os gastos dos acompañantes e de xestión.

Unha vez remate a súa estadía en Cervo, os rapaces terán que volver aos campamentos de Tinduf, situados no Sahara Occidental en Alxeria, unha zona de contrastes con Galicia. Para algún destes nenos non é a súa primeira experiencia, polo que xa non se sorprenden tanto das diferenzas existentes entre o seu país de orixe e España. Pero para os recentemente chegados este é un mundo que non imaxinaban e no que todos os días descobren algo novo. Pola súa banda, as familias de acollida din sentirse satisfeitas coa experiencia, e aseguran que a seguirán repetindo.

Exit mobile version