O acto celebrouse no Ministerio de Sanidade e Política Social en Madrid esta mañá. Son seis os concellos que recibiron este recoñecemento: Calviá, Granada, Palencia, Pozuelo de Alarcón, Salamanca e Ribadeo. Trátase dun novo modelo de xestión que lanza a Fundación Más Familia, único no mundo, para que as corporacións locais avancen en conciliación, igualdade de oportunidades e responsabilidade familiar. A concelleira da Muller e a responsable do CIM, Mariluz Álvarez Lastra e Luisa González, viaxaron a Madrid a recoller este certificado.