Site icon Crónica3.com A Mariña

En Cervo ábrese o prazo do plan renove de instalacións domésticas de gas

CERVO .- A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo, da que é responsable a edil popular, Yolanda Pedreira, vén de informar da publicación por parte da Consellería de Economía e Industria, das bases reguladoras para o Plan Renove de instalacións de gas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Desde a Axencia de Emprego local explican que están dirixidas a os propietarios de vivendas que queiran renovar os seus equipamentos (caldeiras ou quentadores) individuais de gas cunha antigüidade maior a quince anos por novos equipamentos de gas adaptados ás novas esixencias. No caso de edificios de vivendas na que a evacuación dos gases se realice a través dunha cheminea común que non resulte axeitada ás novas caldeiras tamén será subvencionable a substitución ou a instalación dunha cheminea adicional.

A axuda acadará o 30% do investimento subvencionable, con límite máximo de 1000€, no caso de caldeiras ou quentadores. E para o caso de chemineas, a axuda será de 250€ por caldeira conectable á nova cheminea, cun máximo de 1.500 €.

Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cervo, sita na Casa do Concello ofrecen o asesoramento axeitado e tramitan estas solicitudes. Tamén é posible obter máis información no teléfono 982.55.77.77.

Exit mobile version