BURELA .- Comeza o III Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela que se desenvolverá durante a toda a semana e concluirá o venres 23, con un concerto de clausura que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 20.00 horas.
Nota de Prensa
Comeza o III Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela
O próximo domingo dará comezo o III Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela. O acto de presentación consistirá nun concerto que terá lugar na Casa da Cultura, ás 20:00 horas a cargo da S.E.M. Big Band, formación da escola de música Estudio de Santiago de Compostela, dirixida por Suso Atanes. Os rapaces e rapazas da Burela Blues Band, dirixidos por Israel Arranz serán os teloneiros da agrupación compostelá.
A S.E.M. Big Band é unha formación creada no ano 1996 polo profesorado e alumnado de Estudio Escola de Santiago de Compostela, centrando o seu repertorio en arranxos dos temas máis coñecidos do jazz, así como boleros, cha cha cha, blues, etc. Está formado por uns 25 músicos nos que se inclúen sección rítmica, sección de ventos e voces masculinas e femininas. Desde a organización do Seminario queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Burela e de toda a Mariña a que acudan a este concerto tan especial do que seguro van levar un bo sabor sabor de boca.
O Seminario de Jazz e Música Moderna desenvolverase durante a próxima semana e concluirá o venres 23, con un concerto de clausura que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 20.00 horas.
Este curso dedicado ao jazz e outros estilos de música moderna, así como á improvisación musical será impartido por seis profesores especialistas nas distintas familias instrumentais: Leo Giannetto (voz e guitarra), José Nine (vento madeira), Roberto Pacheco (vento metal), Javier Constenla (piano), Quique Alvarado (baixo eléctrico) e Miguel Cabana (batería).
Durante toda a semana haberá concertos, ademais dos xa mencionados de presentación e clausura. Estes concertos serán no Atrezzo Café ás 22:00 horas e estarán a cargo das seguintes formacións:
Domingo, 18 de xullo, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura
Concerto de presentación
Burela Blues Band
S.E.M. Big Band
Luns, 19 de xullo, ás 22:00 horas no Café Atrezzo
Combo de “profes” + Jam Session
Martes, 20 de xullo, ás 22:00 horas no Café Atrezzo
Jam Session de alumn@s
Mércores, 21 de xullo, ás 22:00 horas no Café Atrezzo
Marcos Pin Trío + Jam Session
Xoves, 22 de xullo, ás 22:00 horas no Café Atrezzo
Marosa Jazz Project + Jam Session
Venres, 23 de xullo, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura
Concerto fin de curso
Desde a organización queremos agradecer ás distintas entidades que colaboran coa organización do Seminario e fan que isto sexa posible.