O barco Muralla de Lugo é un aula móvil na que se promociona a riqueza turística e medioambiental da provincia. Segundo explicou esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, “o barco estará instalado entre o parque de San Francisco e o Cantón, e os que alí se acheguen poderán disfrutar, entre outras cousas, dunha exposición sobre as tres reservas da biosfera da provincia de Lugo”. O horario de visita será de 10 a 14 horas polas mañás e de 18 a 21 polas tardes. Cupeiro engade que “o 23 de xuño realizaremos un paseo pola nosa reserva da biosfera entre o Cargadeiro e Rinlo e alí na escola poderemos ver outra exposición. Imos colocar carteis informativos sobre esta ruta e informaremos en breve convenientemente do horario de saída”.