NOTA DE PRENSA:
Os populares solicitaron reiteradamente a poda destas árbores pero Jose María García Rivera e o seu equipo fixeron caso omiso das súas peticións
O PP DENUNCIA QUE A IMPRUDENCIA DO GOBERNO MUNICIPAL ANTE A FALTA DE MANTEMENTO DAS ÁRBORES PRÓXIMOS Á GARDERÍA PUIDO REMATAR EN CATÁSTROFE
* Pólas e follaxe caeron sobre o mobiliario e zona de xogo e esparexemento que empregan habitualmente os nenos que fan uso destas instalacións.
* Afortunadamente as instalacións da Gardería estaban baleiras no momento de producirse os feitos, “non había alumnado no patio do centro, polo que non temos que lamentar males maiores”
Foz, 21 de xullo de 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, vén de denunciar que a imprudencia do Goberno municipal pola falta de mantemento das árbores próximos á gardería puido rematar en catástrofe despois de que algunha das súas pólas e follaxe caera sobre o mobiliario e zona de xogo e esparexemento que empregan habitualmente os nenos e nenas usuarios deste centro.
Os populares, que achegan fotografías para ilustrar a súa denuncia, solicitaron en mais dunha ocasión en pleno do concello a poda destas árbores manifestando ademais o perigo que habia para os nenos e nenas da gardería, pero o Alcalde, Sr. García Rivera, e os edís do seu equipo de Goberno fixeron caso omiso das súas peticións.
Pedro Fernández Manín explicou que, afortunadamente, cando tiveron lugar os feitos a gardería estaba baleira, “non había alumnado no centro, o que evitou males maiores”, en concreto, que algún dos nenos e nenas usuarios deste servizo sufriran lesións ao ser golpeados pola caída das pólas”.
DEIXADEZ E DESINTERESE
Segundo os populares estamos ante unha mostra máis da deixadez de funcións e desinterese que está a caracterizar nos últimos tempos ao Goberno municipal e, nomeadamente á persoa do seu Alcalde. Ademais neste caso a imprudencia supón un grave risco e implica unha alta perigosidade para un colectivo tan vulnerable como son os nenos e nenas de corta idade inscritos na gardería.
REPARACIÓN URXENTE E PREVENCIÓN
Desde o Grupo Municipal Popular demandan unha vez máis a reparación urxente dos danos causados, así como tamén que o Concello de Foz, como administración competente, proceda á poda e saneamento de urxencia de todos as árbores, así como a adopción de cantas medidas sexan oportunas segundo os técnicos para evitar hoxe e no futuro este tipo de accidentes. “Está en mans do Sr. Alcalde solucionar de xeito inmediato esta situación,ase coma a dos vertedoiros incontrolados que existen ao lado da estrada paralela a vía en Fazouro e na que une Nois e Cordido desde a praia de Area Longa, posto que o Concello ten a obriga de facelo, solo esperemos que non persista na vagancia que está a experimentar nos últimos tempos”.