Site icon Crónica3.com A Mariña

Cree o PP que “os socialistas incorreron nun estrepitoso ridículo coas súas críticas á xestión da Xunta na Mariña”

NOTA DE PRENSA

Lémbralles que tan só no primeiro ano o Goberno que lidera Alberto Núñez Feijóo comprometeu actuacións e servizos en beneficio desta comarca polo 80% do investimento real que o bipartito mobilizou en toda a lexislatura

O PP ASEGURA QUE OS SOCIALISTAS INCORRERON NUN “ESTREPITOSO RIDÍCULO” COAS SÚAS CRÍTICAS A XESTIÓN DA XUNTA NA MARIÑA LUCENSE

* A Xunta bipartita foi incapaz de iniciar un só quilómetro de corredor e mantén paralizado o treito estatal entre San Ciprián e Barreiros, pola contra as obras no tramo de responsabilidade da Xunta xa se iniciaron e achegan un investimentos superior aos 30 millóns de euros.

* A xestión do PSOE en materia de sanidade implicaba o colapso do Hospital da Costa e o traslado das listas de espera ata os centros de saúde.

A Mariña, 10 de xullo de 2010.- O Partido Popular da Mariña  asegura que os socialistas, coas críticas efectuadas no día de onte á xestión da Xunta nesta comarca, incorreron nun “estrepitoso ridículo”. No Partido Popular aseguran que o PSOE ou ben pensa que os mariñáns non teñen memoria ou ben esqueceron a desastrosa xestión que durante a pasada lexislatura desenvolveu o bipartito, razóns máis que dabondo para que agora non poidan dar leccións.

Como dato significativo quixeron lembrar que tan só no primeiro ano o Goberno que lidera Alberto Núñez Feijoo comprometeu actuacións e servizos en beneficio da Mariña lucense por valor do 87 millóns de euros o que equivale -en só un ano, insisten- ao 80% do investimento real que o bipartito mobilizou no conxunto da lexislatura. “Esta dá boa mostra do esquecemento que practicaban os socialistas e das políticas regresivas que aplicaban cando se trataba da Mariña, unha comarca que non existía no mapa do bipartito”

Desde o PP mariñán non eluden falar de dúas das cuestións nas que os socialistas centraron as súas críticas: O corredor a sanidade. En relación coa vía de altas prestacións (VAP Costa Norte) sinalan que durante catro anos o bipartito foi incapaz de iniciar un só quilómetro desta estrada, mentres que agora, cando o PP accedeu á responsabilidade do Goberno as obras xa teñen comenzado no treito competencia da Xunta entre San Ciprián e Celeiro. Unha actuación para a que o Goberno que lidera Feijóo destinou máis de 30 millóns de euros.

Os populares creen que o que o PSOE perdeu unha oportunidade coa súa visita para explicar aquí na Mariña as razóns polas que mantén paralizado o Goberno central o treito da súa competencia, o que une as localidades de Barreiros e San Ciprián. Ou os motivos polos que os recortes do Ministerio de Fomento implicarán novos atrasos na autovía do Cantábrico “Grandes asignaturas pendentes dos socialistas e mostra do seu nulo interese pola Mariña”

SANIDADE

En materia de sanidade, o PP lembra que a herdanza do bipartito foi o colpaso do Hospital da Costa onde negaban asistencia sanitaria nada máis e nada menos que a 4.000 mariñáns que formaban parte da lista de espera oculta. Sinalan tamén que o PSOE terá no seu haber a dubidosa honra de ter trasladado ata os centros de saúde as listas de espera, tanto na prescrición de receitas como para a cita co médico de familia.

Pola contra un Goberno do PPdeG iniciou a ampliación e reforma da área de xinecoloxía, ten comprometido xa un investimento millonario para diversas actuacións de mellora no hospital e dotará de nova e avanzada tecnoloxía diagnóstica a centro. Así por exemplo lembra a resolución feita pública no DOGA para a adquisición dun ecocardiógrafo por un importe superior aos 100.000 euros.

Os populares non esquecen tamén o preto de millón de euros que supuxo a posta en servizo da ambulancia medicalizada –unha das poucas que hai en Galicia- En total solo en sanidade o investimento do Partido Popular na Xunta multiplica por 10 o achegado nesta materia polo Executivo de socialistas e nacionalistas durante catro anos.

Exit mobile version